Home Pontevedra O Salnés Montse Prado: “A emerxencia de inundacións en Vilagarcía aconsella facer que o...

Montse Prado: “A emerxencia de inundacións en Vilagarcía aconsella facer que o Río Con desemboque a ceo aberto”

- Anuncio -

Para o BNG, a Xunta debe contribuír á creación dun EcoParque no espazo de A Coca e A Laxe que poña en valor o seu patrimonio etnográfico, similar ao modelo Allariz.

Montse Prado, candidata do BNG nestas eleccións, denuncia que “os nosos ríos están a soportar agresións de todo tipo: reactivación de proxectos mineiros contaminantes, verteduras, transformacións duras que desnaturalizan as marxes e deterioro paulatino do patrimonio asociado aos mesmos”. Augas de Galicia non só se mostra inoperante para evitar estes problemas, senón que mesmo aplica a táctica de barrer baixo a alfombra: retira o apoio ao Proxecto Ríos, un programa de éxito do voluntariado ambiental. No caso do Río do Con, confirmase o antedito. Malia contar na súa cabeceira coa Estación de Hidrobioloxía que fornece do rigor científico para aconsellar actuacións, a realidade mostra un desleixo que é patente no derrube de muros de contención sen restaurar ou na insuficiencia dos tanques de tormentas en construción que resultaran incapaces para frear o risco de inundación nas rúas céntricas, unha situación de emerxencia perante a evolución acelerada dos patróns climáticos sen abordar de raíz a desembocadura a ceo aberto da canle do río.

Montse Prado, manifesta tamén o compromiso do BNG para facer que o futuro goberno da Xunta contribúa a creación dun EcoParque, en sintonía coa demanda veciñal, que sume intervencións no actual Parque de A Coca, a rehabilitación dos Muíños de A Laxe, conformando un conxunto de valor patrimonial, lecer e divulgación medioambiental coa extensión dunha senda peonil á beira do río, unindo este espazo ate o cruce coa N-640.

Lembremos o modelo de Allariz, mostra do éxito coa intervención e posta en valor do seu río, nun espazo similar, apostando pola sustentabilidade, e polo coidado do medio natural herdado, facendo pedagoxía coa tradición, para goce da súa veciñanza.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas