Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López afirma que as axudas de ata 5.000 euros do programa...

Luis López afirma que as axudas de ata 5.000 euros do programa +Xuventude serán un pulo pioneiro para o talento mozo da provincia

- Anuncio -

O dirixente provincial coñeceu o proxecto Uvigo-SpaceLab, que impulsan estudantes da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións e que conta co recoñecemento internacional

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reafirmou este xoves o compromiso do goberno provincial coa mocidade da provincia durante unha visita a Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que convidou aos estudantes a participar na primeira liña de axudas da historia desta administración creada especificamente para apoiar proxectos impulsados por xente nova e dotada con 100.000 euros, o programa +Xuventude. “Para a Deputación a xuventude non é futuro, é presente”, afirmou o mandatario provincial.

Acompañado polo deputado encargado da área de Xuventude, Jorge Cubela, o presidente da Deputación coñeceu todos os detalles dun proxecto pioneiro, o UVigo-SpaceLab, que levan a cabo estudantes desta escola de Telecomunicacións e tamén doutras titulacións que se imparten na Universidade de Vigo. A visita serviu tamén para descubrir as diferentes instalacións nas que os integrantes deste proxecto deseñan uns satélites que están a recibir premios e distincións a nivel internacional. “Queremos seguir escoitando á xuventude para que nos faga aportacións e logo nós poder facer realidades”, sinalou Luis López, quen tamén agradeceu o apoio do reitor, Manuel Reigosa, e remarcou o compromiso da Deputación de manter a colaboración coa Universidade.

Este pioneiro plan axudas +Xuventude abriu o prazo de presentación de solicitudes o pasado 16 de febreiro. Trátase dunha liña de subvencións á que poden acceder persoas de 18 a 35 anos de idade ou asociacións xuvenís para recibir ata 5.000 euros de financiación para proxectos de moi diversa índole, desde iniciativas empresariais ata a loita contra o cambio climático ou o fomento da igualdade. Ademais, a Deputación ten en marcha tamén outras iniciativas de apoio á mocidade, como unha nova convocatoria dos premios de apoio á xuventude ou a concesión de becas a estudantes de Formación Profesional para facer prácticas no estranxeiro. “Convido a toda a xuventude da provincia a que fagan uso da parte dos premios e tamén desta liña de axudas”, animou o presidente provincial.

Luis López rematou a súa intervención dando ás grazas aos estudantes e salientando o papel da Universidade de Vigo tanto na formación da xuventude como na execución de proxectos innovadores. “Faceces que a nosa provincia vaia a máis”, concluíu o presidente da Deputación.

Relacionadas

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Publicacións Relacionadas