Home O Salnés Meis O PP de Meis lamenta as mentiras da alcaldesa Marta Giráldez ante...

O PP de Meis lamenta as mentiras da alcaldesa Marta Giráldez ante o peche da escola infantil de Mosteiro sen avisar nin á consellería nin aos pais e nais afectados

- Anuncio -

● A voceira popular lembrou que o pasado mes de novembro, o presidente da Deputación de Pontevedra asinou un convenio de colaboración coa alcaldesa, a través do cal o goberno provincial financia con 400.000 euros, os traballos para a mellora da eficiencia enerxética e creación dunha nova aula nesta escola infantil de Mosteiro.

● Marta Lucio indicou que é completamente mentira que a alcaldesa se teña posto en contacto coa Consellería de Política Social, xa que segundo lle teñen trasladado, a derradeira solicitude de comunicación data do ano 2021, e non teñen constancia deste peche da escola infantil.

● “É complemente intolerable que se chegue a este punto de cinismo, de mentiras e de tanta torpeza nun asunto tan importante para as familias como é que os seus fillos e fillas poidan acudir á escola infantil”, lamentou a portavoz popular.

A voceira do Grupo Municipal do PP de Meis lamentou hoxe as mentiras da alcaldesa Marta Giráldez ante o anuncio do peche da escola infantil de Mosteiro, polas obras que se van a levar nas súas instalacións grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra para melloras da eficiencia enerxética e a creación dunha nova aula.

Marta Lucio avanzou que é completamente mentira que a alcaldesa se teña posto en contacto coa Consellería de Política Social, xa que segundo lle teñen trasladado a derradeira solicitude de comunicación data do ano 2021, e non teñen constancia deste peche inminente da escola infantil.

Segundo sae publicado nos medios, a alcaldesa di que solicitou unha cita coa Consellería de Política Social para recabar a súa colaboración en aras de buscar una solución ao problema, ao mesmo tempo que emite un bando para recomendarlles aos país e nais que que soliciten plaza noutro centro para o vindeiro curso, explicou Lucio.

“É complemente intolerable que se chegue a este punto de cinismo, de mentiras e de tanta torpeza nun asunto tan importante para as familias como é que os seus fillos e fillas poidan acudir á escola infantil. E xa non é so iso, e que por riba toma unha decisión unilateral, sen avisar a consellería e sen avisar aos pais e nais, o que considero de especial gravidade”, lamentou Marta Lucio.

A voceira popular lembrou que o pasado mes de novembro, o presidente da Deputación de Pontevedra asinou un convenio de colaboración coa alcaldes de Meis, Marta Giráldez, a través do cal o goberno provincial financiará con 400.000 euros, o 85 % do orzamento, os traballos para a mellora da eficiencia enerxética e creación dunha nova aula na escola infantil de Mosteiro.

A obra, valorada nun total de 467.000 euros, ten un dobre obxectivo. Por unha banda mellorarase a eficiencia enerxética do inmoble a través da renovación da envolvente exterior, da implantación dun novo sistema para o quecemento da auga sanitaria, da instalación dun novo sistema de climatización por aerotermia e da substitución da carpintería exterior. Por outro lado, a intervención servirá tamén para reorganizar os espazos interiores da escola infantil para crear unha nova aula que permita atender a crecente demanda da única escola infantil para nenas e nenos de 0 a 3 anos coa que conta o Concello.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas