Home A Coruña O Concello e a asociación Parroquias de Laxe presentan o cartel e...

O Concello e a asociación Parroquias de Laxe presentan o cartel e a programación para esta Semana Santa

- Anuncio -

• As diferentes actividades e procesións terán lugar desde este venres, 22 de marzo, ata o domingo 31.

• A procesión do Santo Enterro e Rosario da Boa Morte terá lugar o venres Santo, 29 de marzo, a partir das 23:00 horas.

O Concello de Laxe e a asociación Parroquias de Laxe presentaron hoxe o cartel e a programación para esta Semana Santa, unha das máis importantes da comarca.

As actividades darán comezo este venres, 22 de marzo, ás 19:30 horas coa misa solemne na honra á Virgen de los Dolores. O día 24, Domingo de Ramos, terá lugar, ás 12:30 horas, a bendición dos Ramos na Praza.

O xoves Santo, día 28 de marzo, ás 19:00 horas celebrarase a santa misa da institución da Eucaristía, co lavadoiro de pés, o sermón do mandato, a comuñón xeral e procesión ao Monumento. De maneira seguida, dará comezo a Procesión do Nazareno e a Virgen Dolorosa. Ás 23:30 horas comezará a adoración nocturna.

O venres Santo, 29 de marzo, será o gran día, dando comezo ás 06:00 horas co canto á Paixón en Verso. Continuará ás 11:00 horas coa Procesión e Predicación do Encontro do Señor coa Virxe, na rúa da amargura. Ás 18:00 horas será o oficio da Paixón e Morte do Señor. Por último, ás 23:00 horas, dará comezo a procesión do Santo Enterro e Rosario da Boa Morte.

O sábado, día 30, terá lugar a procesión e cántico na honra do Cirio Pascual e o domingo, 31 de marzo, pecharase a semana coa procesión co Santísimo Sacramento ás 12:30 horas e a Misa Solemne do domingo de Pascua de Resurrección.

O alcalde de Laxe, Francisco Charlín, destacou que se trata dunha semana “de gran valor histórico e sentimental para todos os veciños e veciñas, que cada ano mostra o seu interese e a súa paixón por seguir facendo que a Semana Santa de Laxe non deixe de medrar”.

Ademais, o rexedor animou á xente a acudir “e gozar dunha celebración que vai moito máis aló dunha cuestión relixiosa, é parte da nosa cultura e tradición, por iso temos que seguir poñéndoa en valor”.

Relacionadas

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron...

0
Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos A alcaldesa, Inés Rey,...

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

0
 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida...

Neda pretende contar con catro áreas infantís dentro da Rede galega de parques sen...

0
A localidade foi unha das primeiras en sumarse a esta iniciativa autonómica de concienciación No Día Mundial sen Tabaco, o Concello Neda avanza a intención...

En marcha a campaña municipal de desbroce na rede viaria

0
Invístense 140.000 euros para actuar en 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos. O Concello iniciou a campaña...

O Concello obtén o Ciclo Medio en Carrozaría para o IES Eduardo Pondal e...

0
 A formación comezará a impartirse xa no vindeiro curso 2024-2025 e contará con 22 prazas  “As conversas coa Xefatura Territorial de Educación deron...

O PSdeG e as XSG presentan emendas ao regulamento do Consello Municipal de Mocidade...

0
Propoñen a creación dunha Comisión Executiva “real” e un pleno con representación da mocidade e con capacidades propias, incluíndo a participación no orzamento do...

Publicacións Relacionadas