Home A Coruña A XVII Festa da Merenda de Aiazo (Frades) repartirá de balde máis...

A XVII Festa da Merenda de Aiazo (Frades) repartirá de balde máis dun milleiro de tortillas de masa este domingo 24 de marzo

- Anuncio -

Este ano haberá novos accesos aos aparcamentos próximos ao campo da festa, que estarán sinalizados

A degustación comezará ás 12:00 horas e pola tarde haberá verbena coa orquestra París de Noia e o grupo Unión y Fuerza

A área recreativa Os Pasos, na parroquia de Aiazo (Frades), acollerá este domingo 24 de marzo a edición número dezasete da Festa da Merenda, que organiza a asociación de veciños “Os Pasos” en colaboración co Concello de Frades. Unha festa que dará comezo ás 12:00 horas, coa degustación gratuíta das merendas elaboradas baixo unha carpa pechada e que rematará ben entrada a noite, coa verbena a cargo da orquestra París de Noia e o grupo Unión y Fuerza.

Unhas 30 cociñeiras, en quendas de 20 persoas, comezarán a preparar as tortillas de masa a partir do mediodía, que se poderán degustar gratuitamente na carpa con cada consumición ou comprar para levar en caixas de pizza (unha por 3 euros, dúas por 5 euros). Unhas compras que algunhas persoas fan para levalas á casa e outras para degustalas na área recreativa, que como todos os anos acollerá a centos de familias e grupos de amigos nas súas respectivas parcelas. A base das merendas é común para todas (ovos, auga e fariña), pero despois cada cociñeira daralle o seu toque persoal tanto polo grosor da tortilla, o seu tempo de cociñado ou por se as acompaña ou non de torriscos (láminas de touciño de porco).

Durante a mañá, a sesión vermú estará amenizada polo grupo Unión e Fuerza. Como todos os anos, haberá carpas, xogos infantís, postos de artesanía, food-track, cantina e polbeira aberta todo o día a disposición das persoas que o desexen. Pola tarde, a música seguirá o ritmo da Charanga BB+ e, a partir das 19:00 horas, terá lugar a tradicional verbena con Unión e Fuerza e a Orquestra París de Noia.

Novos accesos

A organización facilitará varias zonas de aparcamento na contorna do campo da festa, xa que o acceso de automóbiles á área recreativa só estará permitido para carga e descarga ata as 12:00 horas. Uns accesos que este ano cambiarán con respecto a edicións anteriores, co obxectivo de ter unha dirección única de chegada e saída que evite retencións nos momentos de maior afluencia de xente.

O novo acceso desde a estrada Ordes-Ponte Carreira estará sinalizado cunha gran frecha luminosa e con distintos carteis, ademais de por membros da asociación de veciños “Os Pasos” de Aiazo, onde máis de 80 persoas levan toda a semana traballando e poñendo a punto todo para o día da festa. As persoas que desexen colaborar na financiación da Festa da Merenda poderán facelo adquirindo os tradicionais panos conmemorativos (1,5 euros), as rifas para o sorteo dunha cesta (3 euros) ou as novas camisetas da festa (10 euros).

A Festa da Merenda naceu para lembrar estas tortillas de masa, que foron moi utilizadas na comarca de Ordes en tempos de necesidade. Unha iniciativa que buscaba lembrar ás novas xeracións a importancia que este alimento tivo noutrora e que rematou converténdose nunha das citas gastronómicas máis agardada da comarca. Comezou como festa nocturna pero rematou converténdose nunha xornada gastronómica que cada ano reúne a milleiros de persoas e de todas as idades. Así, durante a mañá o público adoita ser maioritariamente familiar pero isto vai dando paso a un público esencialmente xuvenil, procedente de toda a comarca, sobre todo durante a tarde/noite.

Relacionadas

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron...

0
Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos A alcaldesa, Inés Rey,...

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

0
 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida...

Neda pretende contar con catro áreas infantís dentro da Rede galega de parques sen...

0
A localidade foi unha das primeiras en sumarse a esta iniciativa autonómica de concienciación No Día Mundial sen Tabaco, o Concello Neda avanza a intención...

En marcha a campaña municipal de desbroce na rede viaria

0
Invístense 140.000 euros para actuar en 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos. O Concello iniciou a campaña...

O Concello obtén o Ciclo Medio en Carrozaría para o IES Eduardo Pondal e...

0
 A formación comezará a impartirse xa no vindeiro curso 2024-2025 e contará con 22 prazas  “As conversas coa Xefatura Territorial de Educación deron...

O PSdeG e as XSG presentan emendas ao regulamento do Consello Municipal de Mocidade...

0
Propoñen a creación dunha Comisión Executiva “real” e un pleno con representación da mocidade e con capacidades propias, incluíndo a participación no orzamento do...

Publicacións Relacionadas