Home Pontevedra O Salnés O BNG de Sanxenxo presentará unha moción plenaria para esixir a construción...

O BNG de Sanxenxo presentará unha moción plenaria para esixir a construción do enlace entre Vilalonga e O Polígono

- Anuncio -


Os nacionalistas consideran “prioritaria” unha actuación que leva máis dunha década paralizada por parte da Xunta de Galicia, coa complicidade do Goberno de Telmo Martín


O voceiro nacionalista, Fran Leiro, confía en que a moción sexa debatida e aprobada, dada a necesidade de contar cunha infraestrura que daría servizo a un gran número de persoas e empresas da contorna

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Sanxenxo (BNG) presentará no Pleno ordinario de marzo, que terá lugar o día 25, unha moción para instar á Xunta de Galicia á execución da estrada entre Vilalonga e o polígono empresarial de Nantes. Tal e como lembra o grupo da oposición, trátase dunha actuación que foi anunciada polo Partido Popular hai máis dunha décadada, pero que “leva moitos anos paralizada e esquecida por parte do Goberno autonómico e coa complicidade do señor Telmo Martín”.
O voceiro do BNG, Fran Leiro, recorda que no ano 2011 a Xunta e o Concello de Sanxenxo anunciaron un investimento de case 3 millóns de euros para este enlace, que nunca se chegou a facer realidade, a pesar de que “é un proxecto necesario e máis agora que a actividade no polígono está a medrar”. Habilitar esta estrada non só suporía un servizo importante para as empresas, senón tamén para milleiros de persoas da contorna, xa que serviría para desconxestionar o tráfico da PO-550, que une Meaño e Vilalonga a través de Dena, coa Autovía do Salnés, sen necesidade de utilizar a PO-504. Leiro confía

en que a moción sexa debatida e apoiada pola Corporación municipal, dada a importancia da actuación. “Confiamos en que non suceda como con outras mocións nas que solicitamos melloras e actuacións da Xunta e que o Partido Popular nin sequera permite debatir escudándose en mentiras e falsas expectativas”, advirte o voceiro nacionalista. Isto foi o que pasou, precisamente, coa moción que, a instancia de numerosos veciños e veciñas, presentou en varias ocasións o BNG para esixir a mellora da seguridade viaria na Avenida de León. Unha demanda que en setembro de 2023 o Goberno de Telmo Martín non quixo escoitar. “A excusa que nos deron é que para principios de 2024 xa estaría acometida unha obra para a mellora da PO-308 entre a Rúa Progreso e Nanín, actuación da que non volvimos saber nada. Unha mentira máis do Partido Popular e do señor Martín”, lamenta Leiro.
O BNG entende que é un bo momento para impulsar esta actuación, dado o crecemento que está a experimentar o polígono de Nantes. Malia que se trata dun proxecto que non aparece nos Orzamentos nin da Xunta nin do Concello, os nacionalistas confían en que cambie a situación e non ocorra o mesmo que con outras demandas sen atender ou promesas incumpridas, como a ampliación do Centro de Saúde de Baltar ou a construción dun novo pavillón para o CEIP A Florida.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas