Free Porn
xbporn
Home A Coruña Aprobado en pleno o soldo do alcalde de Laxe, que será de...

Aprobado en pleno o soldo do alcalde de Laxe, que será de 46.000 euros brutos ao ano

- Anuncio -

• O alcalde destacou que se trata “dun cargo de gran responsabilidade, que require da miña atención os sete días da semana, as 24 horas do día”

• Aprobouse tamén a Política de Seguridade da Información do Concello


O pleno de Laxe aprobou, cos votos a favor do PP e en contra do BNG e Podemos, a retribución anual bruta do novo rexedor, Francisco Charlín, que contará con dedicación exclusiva e percibirá un salario de 46.000 euros brutos.

Durante a sesión, Charlín asegurou que se trata “dun cargo de gran responsabilidade, que require de atención os sete días da semana, as 24 horas do día”.

O rexedor subliñou que “o meu obxectivo é dedicarme ao 100 % aos nosos veciños e veciñas e ser capaz de mellorar o noso Concello, por iso preciso ter as ferramentas necesarias para poder facelo”.

Aprobada a nova política de seguridade e información do Concello

Durante o pleno aprobouse tamén a nova política de seguridade e información do Concello, co obxectivo de garantir a confidencialidade, integridade, autenticidade e trazabilidade da información e a prestación continuada dos servizos actuando preventivamente.

Trátase dun convenio de adhesión asinado coa Deputación da Coruña para evitar ataques informáticos e dotar ao Concello de Laxe con medidas de ciberseguridade. As medidas que se van implementar realizaranse seguindo as directrices do Centro Criptográfico Nacional, instalando algunhas aplicacións. Isto implica tamén formar un novo comité de seguridade para tratar diferentes problemáticas e acadar as solucións que sexan precisas.

Aprobada unha moción para crear un parque industrial

Por último, aprobouse unha moción de Podemos para tramitar as xestións necesarias para crear un parque empresarial no solo industrial indicado no Plan Xeral de Ordenación Municipal, coa emenda presentada polo BNG, na que se propoñía o inicio dunha listaxe para as empresas que se queiran inscribir coa intención de asentarse en dito parque.

Relacionadas

A Coruña acolle o IX Workshop Internacional de Investigación en Emprendemento, con grandes expertos...

0
A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, recibiu en María Pita ás persoas participantes A Coruña acolle entre hoxe e o sábado 21...

Incendio dunha finca urbana na parroquia de Barro, no Concello de Noia

0
O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro foron alertados ás 12:20 horas desta mañá dun incendio dunha finca urbana na...

O Grupo Municipal Socialista alerta do “dano medioambiental irreparable” que as obras da senda...

0
▪ Nunha visita á zona coa asociación de veciños Conxo Aberto, instaron novamente á administración autonómica a paralizar as obras e revisar o trazado:...

O mikvé da rúa Sinagoga, peza clave nas xornadas sobre arqueoloxía urbana organizadas polo...

0
O concelleiro de Urbanismo e Rehabilitación, Francisco Díaz Gallego, explicou o proceso de achado e os estudos que se están a realizar no enclave O...

Adxudicación da redacción proxecto básico e de execución para a Rehabilitación do Conservatorio de...

0
O concello de Ribeira segue novamente dando pasos en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade con esta nova adxudicación de redacción de proxecto e...

Música, maxia, mercado de artesanía, mostra etnográfica e degustación de produtos locais, esta fin...

0
A festa abrirase na tarde do sábado 21 de setembro cun concerto de Roi Casal dentro da súa xira “Ambos Mundos” A praza de Ponte...

Publicacións Relacionadas