Home Pontevedra Caldas O alcalde de Cuntis traslada á Xunta de Galicia varias peticións para...

O alcalde de Cuntis traslada á Xunta de Galicia varias peticións para dar resposta a demandas de primeira necesidade en mateira de Educación, Servizos e Seguridade Viaria

- Anuncio -

Manuel Campos mantivo este martes unha reunión co delegado  territorial, Agustín Reguera, na que se falou da importancia de  impulsar reformas no CPI Aurelio Marcelino Rey García e mellorar as  redes de saneamento e abastecemento 

O rexedor cuntiense valora positivamente o encontro e confía en que  a Administración autonómica active estas actuacións, necesarias  para garantir unha mellor calidade de vida para a veciñanza 

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, mantivo  este martes unha reunión de traballo co delegado territorial da Xunta de Galicia  en Pontevedra, Agustín Reguera. Foi un encontro no que se puxeron sobre a  mesa varias actuacións e proxectos que requiren da implicación da  Administración autonómica e que “son de primeira necesidade para garantir o  benestar e a calidade de vida da veciñanza en diferentes eidos”, tal e como  indicou Campos Velay. 

Dentro deste paquete de iniciativas para desenvolver neste mandato, o rexedor  cuntiense incluíu as obras de mellora a realizar no CPI Aurelio Marcelino Rey García. En concreto, e atendendo ás demandas da comunidade escolar,  solicítase o cambio de cuberta, así como a rehabilitación da fachada principal e  a dotación dunha nova caldeira. No eido sanitario, o alcalde explicou ao  delegado territorial a necesidade de que se reforme tamén a cuberta do Centro  de Saúde. Dentro dos temas a tratar durante a reunión, Manuel Campos  trasladou ao representante do ente autonómico a importancia de actuar na PO 220, co obxectivo de mellorar e garantir a seguridade viaria. En concreto,  solicítase a dotación de redutores de velocidade e sinalización de velocidade  máxima de 30 quilómetros por hora no tramo correspondente á Rúa Convento,  así como a dotación de beirarrúas, de xeito que a Xunta complete o tramo que  queda pendente, logo das habilitadas no seu día por parte do Concello. Esta  dotación de espazos para peóns tamén se require en Meira. 

Polo que respecta a servizos básicos, o Concello de Cuntis entende que é  preciso que a Xunta se implique, no que a dotación de fondos se refire, para  ampliar a rede de saneamento tanto no rural como no casco urbano. Tal e como  recorda Campos, tamén está pendente a construción dun depósito de  abastecemento de cabeceira na ETAP de Sebil. “Compartimos actualmente a  rede de abastecemento con Moraña, polo que esta infraestrutura axudaría a  garantir o servizo nos picos de maior consumo”, explica Campos Velay. 

A realización de tarefas de limpeza no río Gallo, na súa zona non urbana, para  a retirada de árbores caídas no leito; a necesidade de renovar o vehículo de  extinción de incendios (o actual ten 35 anos de antigüidade), e o avance na  concentración parcelaria de Troáns foron outros dos puntos que se abordaron  na reunión. Neste último, o alcalde recorda que hai dous camiños que dan  acceso a varias vivendas que seguen sen asfaltar. “O delegado territorial  trasladounos que os técnicos están estudando a situación da concentración  parcelaria para dar resposta ás demandas do Concello e dos veciños e veciñas”, 

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas