Home Pontevedra A Paradanta A Cooperativa Condado Paradanta prepara de xeito artesán máis de 1.300 quilos...

A Cooperativa Condado Paradanta prepara de xeito artesán máis de 1.300 quilos de requeixo para degustar o día da festa

- Anuncio -

O teléfono de Alejandro Martínez Rodríguez, xerente da Cooperativa Condado Paradanta, notifica a chegada dun audio de WhatsApp. Comunícanse co xerente para felicitalo polo produto que lle acaba de ser entregado. “Rapidez no envío, coidado na presentación e un produto excepcional”, Alejandro sorrí e comenta orgulloso que iso é xusto o obxectivo co que traballan a diario, “este audio de WhatsApp eloxiando o noso produto e a axilidade no envío é moi satisfactorio, amosa que obtiveron moito máis do que agardaban que é xusto a nosa máxima e o propósito do noso traballo diario”.

O requeixo e o mel das Neves xa son coñecidos en toda España e Portugal, a súa tenda online facilita e simplifica a compra e a tan só un clik podemos degustar un produto da máxima calidade. Xusto hai agora un ano que a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería de Medio Rural, concedeu á Cooperativa Condado Pardanta o selo de Artesanía Alimentaria, un recoñecemento que acredita que é unha produción artesá, das mans do produtor directo ao consumidor. A este selo súmase a certificación SICTED que tramitaron da man do GDR Terra e Auga, “os selos de calidade son un respaldo ao noso xeito de facer e de ser, que asegura calidade e cando acollemos aos visitantes nas nosas instalacións saben que están nun lugar que recolle a tradición dos nosos antergos e a sabedoría das nosas familias”.

A Cooperativa xera cinco postos de traballo no rural que aunan dedicación e cinco ingredientes máis: leite, coallo, fermento láctico, tradición e agarimo. Un mes de febreiro do ano 2002 decidiron enxalzar aquel alimento que os deuses lles daban aos seus fillos e hoxe son un referente. O requeixo e o mel estiveron presentes nas cociñas tradicionais e agora tamén na cociña moderna. “Grandes cociñeiros elaboran pratos doces e salgados, primeiros, segundos e postres cos nosos requeixos”, engade Alejandro Martínez Rodríguez.

Nestes días a Cooperativa Condado Paradanta está en plena produción, das cinco persoas pasan a dez que traballan intensamente e de xeito artesán para elaborar os 1.200 ou 1.300 quilos que se consumirán na XXXI Feira do Requeixo e do Mel de As Neves. Estas mans farán posible que o venres e sábado santo, este ano 29 e 30 de marzo, os milleiros de visitantes que se acheguen ao Concello das Neves poidan degustar este produto bañado en mel. “O requeixo é a alma da festa e a festa é un dinamizador potente do noso concello, con actividades, música e un ambiente festivo no que compartir”.

A festa tamén acollerá a cuarta edición do concurso de receitas con requeixo no que alumnado das escolas de hostalaría de Galicia e de Portugal compiten con novidosas e suculentas propostas culinarias. “O concurso é unha ferramenta ideal para dar a coñecer o requeixo entre os futuros restauradores e notamos que cada vez se interesan máis. A feira é moi importante pola oferta de actividades, boa música e para dar a coñecer o requeixo e o mel”.

Alejandro Martínez valora o traballo en equipo e os servizos que posibilita contar cun Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR), “é imprescindible porque ofrece asesoramento e coñecemento das liñas de subvención, de feito a cooperativa comezou grazas ao apoio dos fondos LEADER. Ademais ponnos en contacto con outros produtores e colectivos comarcais e facémonos máis fortes se emprendemos iniciativas en conxunto”.

Relacionadas

O Museo de Pontevedra inaugura con ‘A pel do Museo’ un ciclo de diálogos...

0
Rafa Domínguez: “Iniciativas como “A pel do Museo”, enmarcada no programa que acaba de nacer “Infiltracións”, vainos permitir elevar o Museo a un nivel...

Luis López destaca investimentos da Deputación por preto de dous millóns de euros para...

0
O presidente provincial celebra o “municipalismo” que comparten ambas as institucións para cooperar en proxectos transformadores como as humanizacións de núcleos, a mellora da...

Digna Rivas: “Ampliamos o prazo de exposición pública do PXOM ata o máximo que...

0
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, rexeita as críticas do PP nas que o grupo da oposición demanda a ampliación do prazo de alegacións...

Luis López amosa o interese da Deputación polo sector conserveiro e o medio mariño...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou no tradicional acto anual de entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca, que tivo lugar esta mañá...

O programa Covelo Cóidate e o SERGAS colaboran para a prevención e a detección...

0
O Concello de Covelo convida a participar na charla sobre prevención e detección precoz do virus do papiloma e autoexploración e cribado de mamá...

Éxito dos obradoiros “Cultiva a Mente” do Concello de Covelo en colaboración con AFAGA

0
A Asociación  de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia e o Concello de Covelo colaboran para ofrecer clases gratuítas que...

Publicacións Relacionadas