Free Porn
xbporn
Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Luis López destaca investimentos da Deputación por preto de dous millóns de...

Luis López destaca investimentos da Deputación por preto de dous millóns de euros para mellorar as infraestruturas e os servizos en Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -

O presidente provincial celebra o “municipalismo” que comparten ambas as institucións para cooperar en proxectos transformadores como as humanizacións de núcleos, a mellora da seguridade nas estradas, ou a reforma de instalacións deportivas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o compromiso do goberno provincial pola mellora das infraestruturas e servizos en concellos como o de Cerdedo-Cotobade, no que a Deputación investirá este ano preto de dous millóns de euros a través de programas como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, o PON2030 ou convenios de colaboración para a mellora de estradas provinciais. Fíxoo esta tarde de venres no acto de inicio das obras de construción da nova residencia de maiores e do centro de día de Carballedo, no que o titular da Deputación acompañou ao alcalde e deputado, Jorge Cubela.

“A obra que comeza hoxe marcará un antes e un despois no benestar da veciñanza, que recibirá unha atención de calidade tanto na residencia como no centro de día; na conciliación, pois os familiares con maiores ao seu cargo poderán dispoñer do seu tempo para o traballo e o ocio coa tranquilidade de que os seus parentes estarán ben atendidos; e para o Concello de Cerdedo-Cotobade, que ve mellorada a súa oferta de servizos que pon á disposición dos seus veciños”, declarou o dirixente Luis López.

A mellora das infraestruturas e os servizos nos concellos da provincia é un dos principais compromisos do goberno provincial. E mostra desta colaboración está, segundo enumerou o presidente, nos diferentes proxectos que a Deputación ten previsto executar este ano no Concello de Cerdedo-Cotobade. Luis López fixo referencia ao orzamento de 845.000 euros do +Provincia reservado para este municipio, que supón un incremento de 75.000 euros con respecto á achega do anterior Plan Concellos do 2023. Ademais, o Concello recibirá tamén case 50.000 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para mellorar as instalacións do campo de fútbol das Estremas. Do mesmo xeito, está asinado un convenio ao abeiro do programa PON2030 para a humanización do núcleo dos Castros por máis de 250.000 euros e están en marcha obras de mellora de estradas provinciais como as que unen Serrapio e Portela ou Xesteira e Almofrei que supoñen un investimento de 400.000 e 665.000 euros respectivamente.

“Unha mostra de que unindo forzas e cooperando entre administracións, a provincia e os concellos avanzan”, afirmou Luis López, quen quixo agradecer o labor desenvolvido por Jorge Cubela tanto no seu papel de alcalde como de deputado provincial. O “municipalismo” é un dos principios que comparten ambos os dirixentes, asegurou o presidente provincial, quen destaca o “traballo, perseverancia e talante colaborador” de Jorge Cubela para conseguir transformar as infraestruturas e os servizos do seu Concello.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas