Home O Morrazo Marín O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por mercar no comercio local pola campaña do Día da Nai

- Anuncio -

A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets no buzón que se colocará na Oficina de Turismo.

O Concello volverá apostar polo apoio á economía local, con motivo da campaña do Día da Nai. Sabemos que estas datas son de gran consumo e por iso “queremos volver premiar á veciñanza que é fiel á economía local da nosa vila, facendo as súas compras e consumicións aquí, e animar a outros a que o fagan”, explica a concelleira de Comercio, Cristina Acuña.
Deste xeito, o Concello pon de novo en marcha a campaña de sorteo de 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros, aproveitando este mes no que as compras para facer un regalo ás nais son superiores a outros momentos.
Para participar, será preciso realizar compras nos comercios de Marín ou consumir nos establecementos hosteleiros por valor superior a 30 euros, ben cun só ticket ou cunha agrupación de varios, entre o 1 e o 30 de abril. Estarán exentas as farmacias, gasolineiras e os supermercados.
Os tickets terán que depositarse no buzón que se habilitará na Oficina de Turismo da Praza de España cos seguintes datos no reverso: nome e apelidos da persoa participante, DNI e número de teléfono. Os tickets terán que ser orixinais, “polo que xa avisamos de que se alguén o precisa para devolucións ou garantías, terá que pedir un duplicado”, explican desde o Concello.

O 3 de maio ás 12.00 horas terá lugar o sorteo no Salón de Plenos para coñecer aos gañadores destas 100 tarxetas. As persoas agraciadas serán citadas telefónicamente para a recollida das Tarxetas Regalo na Oficina de Turismo situada na Praza de España durante os días 6 e 7 de maio, en horario de 11:30h a 20:30h, confirmando os datos coa presentación do DNI da persoa gañadora.
Terán que gastalas tamén na economía local de Marín ata como máximo o 30 de xuño de 2024.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas