Home A Coruña O Club de Xubilados de Lousame organiza unha andaina polo Camiño a...

O Club de Xubilados de Lousame organiza unha andaina polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia

- Anuncio -

A primeira etapa entre Porto do Son e Portobravo (16 km) terá lugar o domingo 7 de abril

O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, organiza unha andaina polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. Unha viaxe aberta a toda a veciñanza de Lousame e da comarca que terá lugar ao longo de tres etapas.

A primeira delas, os 16 quilómetros que separan Porto do Son de Portobravo, terá lugar o vindeiro domingo 7 de abril. As persoas participantes concentraranse ás 9:00 horas dese día na praza do Concello, de onde sairán en autobús ata Porto do Son.

O prezo por participar na actividade é de 5 euros, que se aboarán o mesmo día da andaina. As inscricións están abertas no Club de Xubilados de Lousame, na páxina web www.bandoticket.com ou enviando un whatsapp ao 653 22 16 55.

Esta será a segunda andaina organizada polo Club de Xubilados de Lousame nos últimos anos. A finais de 2022 e coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo xa organizaran unha primeira andaina seguindo a ruta xacobea. Unha andaina organizada en tres etapas e que tivo unha media de sesenta asistentes na súa primeira edición.

Relacionadas

Inés Rey destaca o traballo das máis de 350 nenas e nenos que expuxeron...

0
Durante esta tarde de venres as persoas participantes nesta edición amosáronlle á cidadanía na praza de María Pita os seus proxectos A alcaldesa, Inés Rey,...

Paderne celebra a súa memoria viva con máis de 200 maiores

0
 O goberno local homenaxeou á veciñanza máis veterana do municipio na Festa dos Maiores, un día con misa, un pleno simbólico e comida...

Neda pretende contar con catro áreas infantís dentro da Rede galega de parques sen...

0
A localidade foi unha das primeiras en sumarse a esta iniciativa autonómica de concienciación No Día Mundial sen Tabaco, o Concello Neda avanza a intención...

En marcha a campaña municipal de desbroce na rede viaria

0
Invístense 140.000 euros para actuar en 300 km de estradas, 83 km de camiños forestais e 32 hectáreas de terreos. O Concello iniciou a campaña...

O Concello obtén o Ciclo Medio en Carrozaría para o IES Eduardo Pondal e...

0
 A formación comezará a impartirse xa no vindeiro curso 2024-2025 e contará con 22 prazas  “As conversas coa Xefatura Territorial de Educación deron...

O PSdeG e as XSG presentan emendas ao regulamento do Consello Municipal de Mocidade...

0
Propoñen a creación dunha Comisión Executiva “real” e un pleno con representación da mocidade e con capacidades propias, incluíndo a participación no orzamento do...

Publicacións Relacionadas