Home Pontevedra Campo Lameiro O vindeiro sábado 13 de abril terá lugar a VII Xuntanza Cabalar...

O vindeiro sábado 13 de abril terá lugar a VII Xuntanza Cabalar de Campo Lameiro

- Anuncio -

Contan coa colaboración do Concello e os participantes sairán ás 16:30 horas desde San Antonio de Penalba

Cabaleiros de Campo Lameiro, en colaboración co Concello, organiza para este sábado 13 de abril a VII Xuntanza Cabalar que sairá ás 16:30 horas desde San Antonio de Penalba e rematará no mesmo lugar ás 21 horas cunha cea servida por cátering Fuchela e estará amenizada por Disco Móvil Lagarto.

Esta concorrida Xuntanza Cabalar percorrerá dun xeito circular os principais atractivos naturais e turísticos do municipio nun ambiente de camaradería e bo humor guiados polos Cabaleiros de Campo Lameiro.

Aquelas persoas que queiran participar nesta VII Xuntanza Cabalar terán que facelo canto antes xa que as prazas son limitadas e deberán inscribirse chamando aos teléfonos 647 17 39 24 (Yoli) ou 722 57 68 82 (Nerea).

O prezo da ruta por participante máis o pincho será de 30 euros;  no caso dos menores de 14 anos o importe será de 15 euros e os que quieran só o pincho terán que pagar 5 euros.

A cea servida polo cátering Fuchela consistirá nun menú composto por langostinos á prancha e ao vapor, churrasco, bebidas, café e chupito.

Os inscritos deberán ter en conta que, aínda que se conta cun seguro da actividade, os propietarios dos cabalos que participen na VII Xuntanza Cabalar deberán facerse cargo dos danos que poideran ocasionar a súa montura, en caso de se producir.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas