Home O Morrazo Bueu O concello de Bueu convoca unha Mesa de Traballo para decidir o...

O concello de Bueu convoca unha Mesa de Traballo para decidir o furuto do Servizo Municipal de Augas

- Anuncio -

• Á primeira reunión, que se celebrará este xoves 11 de abril, asistirán concelleiros e concelleiras do goberno, técnicos municipais e responsables da Enxeñería Lagares Oca

Félix Juncal, alcalde de Bueu, convoca unha mesa de traballo para iniciar o estudo do que debe ser o deseño do modelo do futuro servizo municipal de abastecemento e saneamento do Concello de Bueu. A xuntanza celebrarase este xoves, 11 de abril, ás 10 horas, na Sala de Xuntas da Casa Consistorial e a ela están convocados os concelleiros de facenda, contratación e subvencións, o de saneamento e abastecemento, a de seguridade cidadá, así como a tenente de alcaldesa. Así mesmo, asistirán técnicos municipais e responsables da empresa de enxeñaría Lagares Oca, que nos últimos anos prestaron diversos servizos para o Concello de Bueu en relación con este asunto.

Esta primeira reunión de traballo pretende ser o punto de inicio doutras que se manterán periodicamente e que teñen que ver con que no ano 2025 remata a actual concesión. Así, tal e como consta nos acordos dos dous grupos de conforman o goberno local (BNG e PSOE), estudaranse as posibilidades para recuperar a xestión directa do servizo a través de diversas fórmulas.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas