Home Pontevedra O Salnés O BNG de Sanxenxo alerta dos problemas de seguridade viaria que se...

O BNG de Sanxenxo alerta dos problemas de seguridade viaria que se rexistran na rotonda do Cruce da Vichona, na PO-504

- Anuncio -

Os nacionalistas fanse eco das queixas e inquedanzas trasladadas por  numerosas persoas residentes na contorna e lembran que, desde a reforma  acometida pola Xunta, xa se rexistraron accidentes moi graves neste punto,  con feridos e un falecido 

O voceiro nacionalista, Fran Leiro, confirma que o grupo da oposición  solicitará á Policía Local un informe sobre a situación deste emprazamento 

O grupo municipal do Bloque Nacionalista  Galego (BNG) de Sanxenxo anunciou a súa intención de requirir informes  técnicos á Policía Local sobre a seguridade na estrada PO-504, concretamente  no coñecido como ‘Cruce da Vichona’, onde recentemente a Xunta de Galicia,  dentro do proxecto de reforma desta vía, habilitou unha rotonda e varios  semáforos. Os nacionalistas solicitarán estes documentos logo de que varios  veciños e veciñas da parroquia da Adina lles trasladasen a súa preocupación  pola perigosidade que aínda existe neste punto, no que xa se teñen rexistrado  varios accidentes de gravidade unha vez rematada a reforma. 

O voceiro do BNG, Fran Leiro, sinala que “antes, cando a interseción carecía  de rotonda, xa era un lugar perigoso, pero o que nos trasladan varias persoas  residentes na contorna é que agora esa sensación de inseguridade para os  peóns é aínda maior”. Un dos problemas que denuncian a veciñanza e dos  que se fai eco o BNG ten que ver coas características da rotonda, que “non é  nada intuitiva”, polo que “moita xente, especialmente persoas de fóra ou que  non transitan de xeito habitual por esta estrada, teñen dificultades para  interpretar o cruce debidamente”. Esta situación agrávase debido á falta de pasos de peóns nas saídas da Adina e de Dadín. Ademáis “os vehículos que  veñen desde Gondar atópanse co paso de peóns moito antes do semáforo,  polo que, cando este está en verde, en moitas ocasións non baixan a  velocidade”, advirte Fran Leiro. Para os e as condutoras o cruce tamén xera  problemas, especialmente realizando o acceso á vía principal desde Dadín.  “Cando non funcionan os semáforos, situación que xa se ten producido nas  últimas semanas, os vehículos vense na obriga de incorporarse á estrada  practicamente a cegas”. 

Outro motivo de preocupación ten que ver coa falta de visibilidade que existe  na zona, provocada polo estacionamento de autobuses nas inmediacións dos  establecementos e hoteis que existen na zona. “Estamos xa nunha época do  ano na que comezan a incrementarse as excursións, polo que hai moitos buses estacionados na rúa, co que é necesario extremar as precaucións”,  apunta o concelleiro nacionalista. Leiro incide en que “no BNG somos  perfectamente conscientes do necesario que resultaba acometer unha  reforma de seguridade viaria nesta estrada, por ser unha das máis transitadas  de Sanxenxo, pero entendemos que é necesario estudar todas as opcións que  sexan necesarias para evitar que ese punto en concreto pase a consolidarse  como unha zona de perigo aínda maior que antes de que se procedese á  instalación da rotonda”. 

É por iso polo que o BNG solicitará os pertinentes informes á Policía Local,  posto que “nos últimos meses rexistráronse accidentes graves, con feridos e  mesmo unha persoa falecida”, conclúe Fran Leiro.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas