Home A Coruña A Festa da Filloa de Lestedo obtén o título de Festa de...

A Festa da Filloa de Lestedo obtén o título de Festa de Interese Turístico Nacional

- Anuncio -

A Secretaría de Estado de Turismo vén de remitir a resolución favorable á devandita declaración que converte a esta celebración na terceira da provincia da Coruña con esta distinción

A Festa da Filloa de Lestedo vén de obter o título de Festa de Interese Turístico Nacional. A Secretaría de Estado de Turismo remitiu esta mañá ao Concello de Boqueixón -quen cursou a solicitude impulsada pola Asociación Cultural da Filloa de Lestedo- a resolución favorable á concesión do título de Festa de Interese Turístico Nacional (FITN) para a exaltación gastronómica de referencia no municipio boqueixonés.

Tanto a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo como o Concello amosaron a súa satisfacción por obter este título. “Esta é a xusta recompensa e recoñecemento ao esforzo realizado por parte da veciñanza de Lestedo durante máis de catro décadas”, asegura o presidente da agrupación, Xosé Manuel Canabal. “Agardamos que esta declaración sirva para ampliar as actividades promocionais e divulgativas en torno á Filloa de Lestedo, levándoa a distintos puntos da xeografía española”, engade.

Pola súa banda, o rexedor boqueixonés, Ovidio Rodeiro, afirmou que “esta distinción ábrenos as portas á proxección da Festa da Filloa de Lestedo alén as nosas fronteiras, poñendo en valor a nosa tradición, cultura e o bo facer da nosa veciñanza”. Neste senso, indicou que desde o Concello traballarán arreo “para promocionar as Filloas de Lestedo e para engrandecer esta exaltación gastronómica que xa leva o nome de Boqueixón por todo o país”.

Cumprimento de requisitos

Para a declaración como FITN, a Festa da Filloa de Lestedo acreditou, a través dunha completa memoria técnica, cumprir con todos os requisitos esixibles por parte da Secretaría de Estado de Turismo para acadar este recoñecemento a nivel nacional. Entre eles, atópase a moción de apoio unánime por parte da Corporación municipal á declaración FITN, e un informe favorable emitido por parte da Axencia de Turismo de Galicia en apoio á súa candidatura. Neste senso, desde o Concello e a Asociación Cultural da Filloa de Lestedo agradeceron “a colaboración e implicación” do organismo autonómico en aportar o pulo necesario para acadar a resolución favorable recibida hoxe.

Ademais, na memoria técnica da Asociación Cultural da Filloa, realizada en colaboración co Concello, acreditáronse tanto a orixe da celebración -que comenzou a súa andaina no 1984-, o arraigo cultural, a implicación veciñal que demostra o seu desenvolvemento, así como datos sobre a colaboración establecida con diferentes entidades tanto locais como supramunicipais e doutra índole. Unhas sinerxías que contribuíron a engrandecer a celebración e a ampliar a súa programación.

Do mesmo xeito, incluíronse os preto de medio cento de impactos que a Festa tivo en diversos medios de comunicación, xeralistas e especializados a nivel nacional, o que corrobora o interese pola celebración. Igualmente, incluíronse, entre outros aspectos, datos sobre as visitas rexistradas nos últimos anos e como esta celebración contribúe tamén á dinamización económica non só de Lestedo, senón tamén do conxunto de Boqueixón e da súa contorna. Tamén se deu conta da renovación da web (adaptada aos criterios de accesibilidade AA), ademais da presenza da Festa nas Redes Sociais.

Concello e Asociación Cultural da Filloa de Lestedo prevén a celebración dun acto para celebrar esta declaración como Festa de Interese Turístico Nacional. Unha cita que servirá igualmente para realizar unha “xusta homenaxe a todas as persoas, organizacións, entidades e empresas colaboradoras” nun evento que nos últimos anos non deixa de medrar.

Relacionadas

Aberta a inscrición para a Carreira Popular dos Rosales do próximo 2 de xuño

0
O prazo para participar rematará o vindeiro domingo 26 de maio O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición na XI Carreira Popular Os...

Cambios nos asfaltados de Sol y Mar polas adversas condicións climatolóxicas

0
A causa das chuvias os traballos definitivos das obras de Sol y Mar correspondentes ás vías de servizo, glorieta, acceso ao túnel do lado...

O Xeoparque Cabo Ortegal conmemora o seu primeiro aniversario con actividades gratuítas abertas ao...

0
Durante toda a semana organízanse visitas guiadas gratuítas, obradoiros en centros escolares e charlas divulgativas con membros do Comité Científico. A celebración, que coincide coa...

Ortigueira restrinxirá parcialmente o tráfico entre o 10 e o 15 de xullo polo...

0
• O Concello concreta xunto ás entidades responsables da seguridade un plan para garantir a fluidez de circulación e a orde pública • As persoas...

SEA e o Concello de Ribeira buscan solucións para satisfacer a demanda de chan...

0
A xerente de Chan Empresarial do Atlántico (SEXA), Beatriz Sestayo, coincide co alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, na inmediata necesidade de crear chan...

Graves incidentes nas pasadas Festas de Perillo

0
O PARTIDO POPULAR SOLIDARÍZASE COS VECIÑOS DA ZONA E PEDIRÁ EXPLICACIÓNS AO ALCALDE Co precedente dos graves altercados ocorridos o pasado verán nas festas de...

Publicacións Relacionadas