Home A Coruña Aberta a inscrición para a Carreira Popular dos Rosales do próximo 2...

Aberta a inscrición para a Carreira Popular dos Rosales do próximo 2 de xuño

- Anuncio -

O prazo para participar rematará o vindeiro domingo 26 de maio

O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición na XI Carreira Popular Os Rosales, que se realizará o vindeiro domingo 2 de xuño a partir das 10.00 horas. As persoas interesadas en participar deberán completar o formulario que hai na páxina web www.corunacorre.com.

O prazo de inscrición rematará o vindeiro domingo 26 de maio ás 23.59 horas e as persoas inscritas no XI circuíto de carreiras populares Coruña Corre non precisan de inscrición previa. O Goberno de Inés Rey prosegue fomentando o deporte e a vida saudable a través dun dos circuítos de carreiras máis populares de Galicia.

A proba absoluta comezará ás 10.00 horas na avenida Fernando Suárez García, próxima ao Polideportivo Municipal dos Rosales. O percorrido pasará pola praza Elíptica e Manuel Azaña ata Labañou, onde as persoas participantes irán cara ao paseo marítimo en dirección ao Portiño. A segunda parte do circuíto irá en dirección á estrada Fontes do Monte de San Pedro e volverá a Manuel Azaña desde a rúa Castelao.
Ademais da proba absoluta haberá, como é habitual, outras seis carreiras de categorías inferiores cun percorrido más curto. Os dorsais da proba deberán recollerse o domingo 2 de xullo, día da carreira, no Polideportivo Municipal dos Rosales, ata media hora antes de comezar a proba. Ademais, para a categoría ‘peques’ será necesario recoller pulseiras identificadoras no mesmo lugar e horario que os dorsais.
Haberá un servizo de duchas no Polideportivo Municipal dos Rosales das 10.30 ás 13.00 horas e outro de gardarroupa, das 9.30 ás 11.15 horas no mesmo espazo. Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes na chegada á meta. A entrega de premios da carreira absoluta será ás 11.00 e a do resto de categorías ás 13.00 horas na propia zona de meta.

Relacionadas

O Concello réndelle homenaxe a Hematocrítico cunha exposición no seu cabodano 

0
A vicevoceira anunciou esta mañá a mostra, organizada polo Concello en colaboración con HematoFesti, do 5 de novembro ao 6 de xaneiro no Palexco  Nereida...

O Laboratorio de Apoderamento LGBT+ ofrecerá en novembro e decembro obradoiros para familias e...

0
A cooperativa Rexenerando ten abertas as inscricións para as sesións, que arrancan en San Sadurniño o próximo luns O Laboratorio de Apoderamento LGBT+ é un...

A Pobra amosa a súa solidariedade coas persoas afectadas polo episodio de Dana

0
O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) de gardar un minuto de silencio, ás...

Avanzan as obras para mellorar a accesibilidade nas paradas de autobús do Castrillón, onde...

0
O Concello ten previsto replicar esta iniciativa en paradas situadas nos barrios dos Mallos, Catro Camiños, Os Rosales, Labañou e Monte Alto O Concello traballa...

O Concello finaliza os traballos de pavimentación da pista que vai de Pontegrande a...

0
O Concello de Neda finaliza as obras de posta a punto da pista entre Pontegrande e Pename. A actuación, na que se investiron 46.257...

A Xunta investirá 6,1 M€ na Costa da Morte en materia de augas e...

0
— Ángeles Vázquez detalla que o vindeiro ano Augas de Galicia destinará 68,1 millóns de euros a iniciativas en materia de saneamento — Avanza que...

Publicacións Relacionadas