Home Pontevedra Baixo Miño O Concello promove a creación dunha Mesa por Palestina

O Concello promove a creación dunha Mesa por Palestina

- Anuncio -

Trátase dunha iniciativa na que colaboran diferentes persoas e asociacións e que celebrará a súa primeira actividades este domingo 21 participando na Feira do Libro de Segunda Man

O Concello do Rosal ven de dar un paso importante a prol da solidariedade co pobo palestino coa creación dunha Mesa por Palestina, unha iniciativa na que colaboran diferentes persoas e asociacións do municipio, como o Colectivo Carballas e Pallasos en rebeldía, e que busca “facer a nosa pequena contribución para axudar a todas as persoas afectadas pola actual situación de conflito e violencia”.
A primeira actividade desta mesa solidaria será este domingo 21 de abril coa participación na Feira do Libro de Segunda Man que se celebrará na Praza do Calvario de 11.00 a 20.00 horas de xeito ininterrompido. A mesa contará na feira cun posto co que recadar diñeiro que será destinado a asociacións como Pallasos en rebeldía que traballan directamente en Palestina.
Ademais dun peto para donativos, no posto estarán á venda libros doados pola ONG Ponte Solidario, por Condado por Palestina, por Chambo Libris e por outras entidades e particulares, así como unhas chapas solidarias elaboradas por membros da asociación San Xerome Emiliani.
O Concello quere agradecer a colaboración de todas estas entidades e persoas por achegar o seu gran de area “nun momento no que é fundamental o noso total apoio e solidariedade co pobo palestino”. O Concello do Rosal amosa ademais unha vez máis a súa total repulsa ao xenocidio que está a acontecer e comprométese a seguir traballando en iniciativas que promovan a paz e a solidariedade.

Relacionadas

A Deputación investirá preto de 400.000 euros na mellora da pavimentación e o acceso...

0
O Concello de Rodeiro tamén recibirá una illa ecolóxica de reciclaxe enmarcada no programa “Da túa man (rural)” financiado con fondos europeos A Deputación de...

Orgullo Pontevedra 2024, unha semana chea de actividades para reivindicar os dereitos LGBTIQA+

0
Comezarán o día 19 de xuño coa colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial, e  continuarán dende o 23 ao 29 de...

O Concello ratifica que se manteñen as prazas para aparcar en toda a beirarrúa...

0
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, entende “a confusión da cidadanía pola nova anchura da beirarrúa, pero nese lado non se suprimen as prazas,...

Celébrase a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho

0
Este xuño, Marín celebra a IV edición da Ruta Marín Pincho a Pincho, querendo achegar aos padais dos máis apaixonados da gastronomía a través...

Luis López reforzará a cooperación entre a Deputación e Xunta nun encontro institucional co...

0
O presidente provincial recorda colaboracións como as de Santa Clara ou o Cine Fraga de Vigo para remarcar a “sintonía” e “compromiso” polo progreso...

Luis López sinala a obra da Praza de Barcelos como exemplo do impulso da...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, destacou a importancia da colaboración co Concello para sacar adiante proxectos estratéxicos durante unha visita á...

Publicacións Relacionadas