Home Pontevedra O Condado O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no...

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

- Anuncio -

• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar
• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio

O Concello inaugura á exposición das mostras participantes no concurso ‘Talento Xove’, un certame que puxo en marcha a administración local co obxectivo de fomentar a participación dos mozos e das mozas en actividades creativas e artísticas. En total, inscribíronse máis de 300 persoas de ata 30 anos.

A exposición estará aberta ao público ata o próximo 18 de maio, día que no que serán entregados os premios logo da valoración dun xurado profesional. Estarán dispoñibles as mostras de todas as categorías, agás as de música e danza, as cales terán a súa propia final no Auditorio Municipal os días 4 e 11 de maio, respectivamente. Tamén se decidirá o gañador ou a gañadora de cociña o 4 de maio nas instalacións de Mercatea.

No acto de inauguración, participou o edil de Xuventude, Cristian Montes, quen agradeceu aos máis de 300 mozos e mozas que participaron neste concurso a súa implicación e traballo e apuntou que “sodes o exemplo de que a mocidade conta cun enorme talento que desde as administracións públicas debemos potenciar e coidar” e a alcaldesa, Nava Castro, quen indicou que “é un orgullo comprobar como unha das nosas esencias como é o talento no eido da arte continúa latente entre os nosos veciños e veciñas máis novos”.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas