Home Ourense O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de “empresario, artista e patriota”

- Anuncio -

Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu este mediodía aos actos de peche da exposición de 40 anos de #estiloverino, retrospectiva do deseñador ourensán na Sala Valente. Na súa intervención, o rexedor eloxiou a traxectoria profesional de Roberto Verino, na súa tripla condición de “empresario, artista e patriota”, que mantivo e mantén a súa actividade en Ourense.

Pérez Jácome puxo en valor a achega de Roberto Verino: “é un empresario que vive do sector privado, polo que é un heroe”, xa que isto –explicou o rexedor- significa “vivir das decisións que toman os clientes día tras día”. Amais, dixo, “é un artista porque para o mundo da moda necesitas ser un auténtico creativo, e patriota, porque podendo irse onde máis facilidades hai, e cabalgar un bo cabalo, como son as grandes capitais, decidiu quedar aquí en Ourense, na súa terra”.

O alcalde realizou estas declaración no acto de remate da exposición, no que  tamén interviñeron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e Roberto Verino, e continuou cun xantar ofrecido polo deseñador a autoridades e personalidades do mundo da moda, da cultura, da política e da arte.

A mostra retrospectiva, organizada coa colaboración do Concello, estivo aberta ao público na Sala Valente e na rúa do Paseo desde o día 14 de marzo, e pon fin en Ourense ao seu percorrido por distintas cidades españolas.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas