Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e a Real Academia Galega das Ciencias organizan este xoves...

A Deputación e a Real Academia Galega das Ciencias organizan este xoves unha conferencia sobre benestar psicolóxico e produtividade

- Anuncio -

A acción, que se desenvolverá de xeito telemático, está enmarcada no ciclo Aida Fernández Ríos e contará coa presenza do deputado provincial Jorge Cubela

O ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos, que promoven a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias, continúa este xoves ás 19:00 horas cun webinario sobre benestar psicolóxico e produtividade. O deputado provincial Jorge Cubela e o presidente da Real Academia Galega das Ciencias, Juan Manuel Lema, serán os encargados de abrir esta xornada que leva por título “O benestar psicolóxico, o equilibrio emocional e o desempeño no traballo” e que será impartida por Fernando Salgado Velo, Catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos e Decano da Facultade de Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela.

Fernando Salgado describirá na conferencia que é o benestar psicolóxico, os seus compoñentes e os resultados da investigación máis recente sobre as relacións entre este e os resultados organizativos. Neste sentido, as investigacións demostraron que se correlaciona cunha mellor saúde e unha maior lonxevidade, un menor consumo de alcohol, un maior nivel de exercicio e tamén mellores relacións interpersoais. Ademais, comprobouse que existen diferenzas nos niveis de benestar entre homes e mulleres, así como entre a mocidade e as persoas maiores.

Salgado tamén desenvolverá outra conclusión das investigacións, nas que se observou que os niveis nacionais de benestar psicolóxico se correlacionan cun maior PIB. No ámbito das empresas, canto maior é este tamén son maiores o nivel de desempeño, a implicación no traballo, os salarios e a satisfacción laboral. As persoas interesadas en asistir poden preinscribirse a través desta ligazón á plataforma Zoom.

O ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos continuará en maio con tres novas quendas: o día 16 terá lugar “Os alimentos mariños son cruciais para a saúde do planeta e benestar da humanidade”, a cargo de Sebastián Villasante, doutor en Economía Aplicada; o xoves 23 celebrarase “Aplicacións da intelixencia artificial para o procesamento da linguaxe natural. Novas tendencias e desafíos actuais”, impartida por Silvia García, integrante do Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo; e o día 30 Aurora Grandal, profesora titular de Paleontoloxía, ofrecerá a conferencia “De fósiles a humanos, unha historia de ida e volta”. O 6 de xuño rematarán as conferencias con dúas charlas: “Os biomateriais no combate do cancro”, a cargo de Bárbara Blanco, investigadora Ramón y Cajal na Universidade de Santiago, e “Células CAR-T: novo paradigma no tratamento do cancro”, a cargo de Mariona Baliu, responsable do Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia de Galaria.

Relacionadas

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

O concello presenta a primeira edición do concurso Balcóns Floridos

0
O certame premiará aos balcóns mellor decorados e contempla un premio específico para as parroquias  As inscricións estarán abertas ata o próximo 30 de maio O...

Montse Prado acusa ao PP de antepoñer os intereses da empresa de ambulancias da...

0
A deputada do BNG reclama a Sanidade que actúe para rematar coa incerteza na que se atopa o cadro de persoal, que sofre impagos...

Publicacións Relacionadas