Home Ourense O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que será sede da Oficina de Rehabilitación

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade, número 5, que será destinado a acoller a nova sede da Oficina de Rehabilitación do conxunto histórico da cidade. No acordo, a xunta local acorda tamén iniciar o expediente de contratación das obras. O proxecto, redactado por arquitectos municipais, ten un orzamento base de licitación de 962.497,21 euros. Na sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no salón de plenos, a Xunta de Goberno aprobou outros 28 acordos a proposta dos diferentes servizos municipais.

Licenzas (3). Aprobar o proxecto modificado de construción dun edificio de 16 vivendas na rúa Francisco Lloréns, conceder unha prórroga de 6 meses para rematar as obras de instalación dun ascensor nun edificio de vivendas e denegar unha solicitude de prórroga para iniciar a reforma dunha vivenda unifamiliar

Aperturas (1). Denegarlle a unha mercantil o título habilitante de natureza urbanística para unha licenza de obra e actividade

Patrimonio (5). Desestimar 3 reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares por caídas na vía pública, xa que non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización, e inadmitir outra, xa que o Concello non é a administración competente para resolvela. Tamén se desestima a reclamación dun condutor por danos nun vehículo na rúa Bispo Lourenzo, xa que esta vía non é competencia do Concello. As actuacións remitiránselle á Axencia Galega de Infraestruturas.

Infraestruturas (1) Declarar que procede a tramitación de emerxencia das obras de adecuación do colector de saneamento Cervantes-As Burgas

Servizo de Contratación (1). Corrixir unha errata nun acordo da Xunta de Goberno Local da semana pasada

Avogacía Consistorial (17). A Xunta de Goberno deu conta de 6 sentenzas e dun auto ditados Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, e dun auto ditado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén tomou coñecemento de que o Concello comparecerá en 9 procedementos que se instrúen nos Xulgados de Instrución número 1 e 2 de Ourense.

Relacionadas

Lorenzana reúnese co alcalde de ribadavia para abordar as necesidades de solo industrial do...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Ribadavia, César Fernández, con quen abordou as necesidades...

Francisco Millán Mon visita a feira do Carballiño e pide o voto á veciñanza...

0
O candidato do Partido Popular ás Eleccións Europeas, Francisco Millán Mon, percorreu esta mañá a feira do Carballiño, onde puxo en valor o traballo...

Trescentos xadrecistas participarán mañá na Copa Galicia Maristas Ourense – Memorial Emilio Rodríguez

0
O salón de plenos acolleu a presentación do torneo, que organizan os clubs Maristas e Xadrez Ourense coa colaboración do Concello, a Deputación e...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de maio de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de maio, no que se...

Adrián Vázquez pon en valor o traballo desenvolvido polo do PP en Europa para...

0
·        O candidato lembrou a enorme importancia desta actividade en territorio galego, “que se reflicte no feito de que o 39,9% dos viticultores de España...

As Festas da Milagrosa requirirán realizar cortes de tráfico en 3 rúas do barrio...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico das festas do barrio da Milagrosa. A celebración dos festexos requirirá pechar...

Publicacións Relacionadas