A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico das festas do barrio da Milagrosa. A celebración dos festexos requirirá pechar ao tráfico rodado as rúas Alfonso X O Sabio, Nuño de Ousende e Roi Páez mañá, venres, 31 de maio, desde as 12.00 horas até que rematen as certificacións e dende as 19.00 até o remate das actuacións musicais.
As mesmas 3 rúas pecharán ao tráfico tamén o sábado, 1 e o domingo, 2 de xuño, desde as 12.00 até as 15.00 horas e desde as 17.00 até o remate dos eventos.

