Free Porn
xbporn
Home A Coruña O Concello oferta 610 prazas nos seus campamentos de conciliación e deportivos...

O Concello oferta 610 prazas nos seus campamentos de conciliación e deportivos deste verán

- Anuncio -

● O prazo de preiscripción abre mañá, 14 de maio.

● Os de conciliación están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre 2012 e 2020 e os deportivos aos nados entre 2010 e 2016.

O Concello de Miño oferta ata 610 prazas nos seus dous campamentos de verán este ano, co obxectivo de dar aos pequenos e pequenas unha alternativa de lecer durante a tempada estival, favorecendo así a conciliación da vida laboral e familiar.

O prazo de preinscrición abrirá mañá, 14 de maio, e estará dispoñible ata próximo día 26.
Os de conciliación están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre os anos 2012 e 2020, ambos inclusive, e dividiranse en catro quendas: primeira e segunda quincena de xullo e primeira e segunda quincena de agosto. Poderanse solicitar os catro quendas pero darase preferencia a que todos os solicitantes teñan concedido un.levarán a cabo en dous espazos diferentes: o local social de Bemantes e a antiga escola unitaria de Xarío.

Ofértanse 80 prazas nas tres primeiras quincenas, e 70 a última.

O horario de entrada poderá ser en calquera momento entre as 7:30 e as 9:30 horas ou ás 10:00 horas e o de saída ás 14:00 horas ou entre as 15:00 e as 16:00 horas. Non hai servizo de comedor polo que se deberá traer a comida de casa e existe a posibilidade de quentala nun microondas.
No caso dos campamentos deportivos están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre os anos 2010 e 2016, ambos inclusive, e dividiranse en catro quendas: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 16 de agosto e do 19 ao 31 de agosto.

A zona de entrega e recollida dos participantes será o centro socio cultural de Loios e priorizaranse as actividades ao aire libre nos diferentes espazos naturais e deportivos do municipio. Ofértanse 80 prazas nas dúas primeiras quincenas e 70 nas dúas segundas, formándose grupos dun máximo de 10 participantes.

Darase prioridade ás persoas empadroadas en Miño. O horario de entrada poderá ser ás 9:00 horas ou ás 10:00 horas e o de saída ás 14:00 horas.

As solicitudes poderán presentarse de forma telemática a través da sede electrónica ou presencialmente no Rexistro. Publicaranse as listas definitivas na web municipal.

Ambos os campamentos non faltan á súa cita, do mesmo xeito que o ano pasado, e cumprindo co Plan de Igualdade municipal, a opción de conciliación outorga prioridade ás fillas e fillos de persoas que traballen en Miño.
Toda a información está dispoñible na web municipal https://www.concellodemino.gal/gl/post/campamentos-veran-2024

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas