- Os populares reiteran esta demanda da empresa máis importante do municipio coincidindo coa concesión do XXIII Premio Servir do Rotary Clube de Pontevedra polo seu traballo e traxectoria
- O PP cre que o goberno socialista “maltrata indiscriminadamente a esta industria por razóns que descoñecen” e acusa ao alcalde de “presumir da mesma de palabra e castigala desatendendo as súas necesidades”
O grupo municipal do PP de Vilaboa vén de esixirlle ao Concello que axilice coa máxima urxencia a concesión de licenza do alcamen frigorifico e facilite a conexión ao servizo de abastecemento municipal de auga á conservera Connorsa tras lembrar que esta industria leva ano e medio de agarda e dispón de todos os informes técnicos favorables.
Os populares acaban de facerse eco e reiterar esta “xusta demanda” da empresa máis importante do municipio, que conta con máis de 350 postos de traballo, coincidindo coa concesión, na xornada de onte, do XXIII Premio Servir do Rotary Club de Pontevedra, que deste xeito recoñeceu o seu traballo e traxectoria.
O PP de Vilaboa cre que o goberno socialista de César Poza está “maltratando indiscriminadamente a esta industria, rozando unha notoria irregularidade, por razóns que se descoñecen” e acusou ao alcalde de “presumir da mesma de palabra e castigala pola vía dos feitos desatendendo as súas xustas necesidades”.
Neste senso, os populares revelaron que o rexedor non asistíu onte á empresa co gallo desta condecoración, “supoñemos que pola mala conciencia que ten neste caso”, xa que lembraron que a empresa segue a agarda pola súa licenza desde hai 18 meses e ten todos os informes favorables.
Ademais, e segundo denunciaron, o Concello tampouco lle permite acceder ao servizo municipal de augas malia que a empresa ofreceuse, en varias ocasións, a asumir directamente o custe integral das obras e esta conexión foi un compromiso que o psoe de Vilaboa asinou debido as propostas do pp , para no ano 21 , aprobar os contas municipais
“Estáselle causando un grave prexuízo o empleo , a todos os veciños e a unha empresa que, ademais da xeración económica e dos empregos, tamén colabora coas clubes deportivos , sociais e ata coa banda de música. E todo elo, ademais de inexplicable, é un perfecto exemplo da desidia, desleixo e incluso maltrato do goberno local coas empresa de Vilaboa, o que cercena o crecemento e o desenvolvemento do noso concello”, sinalaron desde o PP local.
Despois de mais de 10 anos coa necesidade de auga na empresa , o partido popular de Vilaboa incluiu a conexión de Auga municipal a fabrica nas suas propostas no ano 21 , entre outras propostas , pola cal acordouse un acordó de presupostos