Home Pontevedra Caldas A Deputación reparte máis de 220.000 euros entre 25 entidades da contorna...

A Deputación reparte máis de 220.000 euros entre 25 entidades da contorna do Salnés e Arousa ao abeiro do Plan Provincia Comunitaria 2024

- Anuncio -

Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.800 e os 10.000 euros

“Estamos ao carón das entidades que constrúen territorio e que fan que esta provincia avance como non fixo nos últimos anos”, asegurou o presidente Luis López

A Deputación de Pontevedra aprobou o reparto de máis de 220.000 euros do Programa de Acción Comunitaria, coñecido como Plan Provincia Comunitaria 2024, entre 25 asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais de sete concellos das contornas do Salnés e Arousa, que recibirán contías entre os 6.800 e os 10.000 €. “Estamos ao carón das entidades que constrúen territorio e que fan que esta provincia avance como non fixo nos últimos anos”, asegurou o presidente provincial, Luis López, que lembrou que, con estas axudas, búscase “potenciar a capacidade das asociacións, mellorar a calidade de vida local e os equipamentos veciñais e contribuír á implantación homoxénea destas entidades en todo o territorio”.

En concreto, en Cambados a Asociación de Veciños O Batuqueiro de Vilariño recibirá 7.129 €, a Asociación de Mulleres Rurais A Seca de Corbillón 9.804 € e a Asociación de Mulleres Rurais de Castrelo-As Saíñas 7.256 €; en Meis contarán con 10.000 € a Asociación Mulleres Rurais Os Pazos e a Asociación de Mulleres Rurais O Marco de San Salvador; en Ribadumia a Asociación de Veciños San Andrés de Barrantes recibirá 9.293 €; en Sanxenxo a Asociación de Veciños San Juan de Dorrón contará con 9.873 €, a Asociación de Veciños O Salnés de Villalonga con 9.908 € e a Asociación de Mulleres Rurais A Candelaria con 10.000 €, e en Valga a Asociación Cultural e Veciñal Santa Lucía de Cordeiro contará con 6.929 €, a Asociación Veciñal Sociocultural de Cerneira con 8.619 €, a Asociación de Veciños Cultural e Deportiva de Cordeiro con 9.930 €, a Asociación Veciñal e Cultural Vilarello con 10.000 €, a Asociación Cultural e Veciñal de Casal do Eirigo con 8.895 € e a Asociación Veciñal Músico-Cultural Xanza con 9.922 €.

Ademais, en Vilagarcía de Arousa a Asociación Mulleres Rurais Anduriña de Sobradelo VI contará con 9.112 €, a Asociación de Veciños San Miguel de Trabanca-Badiña con 9.546 €, a Asociación de Veciños Fonte da Coca con 7.573 €, a Asociación Mulleres Rurais e Consumidoras de Trabanca Badiña Sardiñeira con 7.550 €, a Asociación de Veciños Breogán de Piñeiriño con 6.729 € e a Asociación de Veciños Afoghacristos de Carril con 7.496 €. Pola súa banda, en Vilanova de Arousa a Asociación de Mulleres Rurais O Campanario recibe 6.790 €, a Asociación de Mulleres Rurais As Aceñas de Baión e a Asociación de Mulleres Rurais O Mouriño contarán con 10.000 € e a Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo Vilanova con 9.914 €.

Grazas a estas axudas, no conxunto da provincia 170 asociacións e federacións de 44 concellos poderán executar obras de acondicionamento, reforma ou ampliacións de locais e outros espazos ou adquirir equipamentos que melloren os seus servizos. A partir de agora, as entidades terán un prazo de seis meses para executar e xustificar as actuacións.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas