· Este sábado, 22 de xuño, celebrarase un pleno extraordinario ás 12 horas para aprobar o cambio de nomenclatura.
· A Avenida Eugenio López pasará a ser Avenida Juan Bautista Santos Ramos.
· Ao remate do pleno a corporación desprazarase a descubrir a placa.
O goberno local de Camariñas proporá nun pleno extraordinario que se celebrará este sábado, 22 de xuño, ás 12 horas, rebautizar co nome do exalcalde Juan Bautista Santos Ramos á actual Avenida Eugenio López.
Na proposta destácase que Juan Bautista Ramos foi alcalde de Camariñas desde o 1983 ao 2007 e saliéntase a “importante labor e dedicación que durante 24 anos tivo cos veciños e veciñas non só a nivel político se non pola súa gran calidade humana”. “Líder extraordinario e traballador incansable, dedicou toda a súa vida a conseguir o benestar e progreso para Camariñas, deixando unha pegada indeleble no corazón de todos nós”, indica o texto.
Escóllese a Avenida Eugenio López “por estar alí obras tan importantes como a Escola Infantil, a gardería e os pavillóns municipais feitos no seu mandato”.
Para asistir ao pleno é necesario confirmar asistencia no teléfono 667 034 305. Ao remate da sesión plenaria extraordinaria a corporación municipal desprazarase ata a avenida para descubrir a placa co novo nome.