- ● O paso de vehículos reducirase a un carril durante aproximadamente dúas semanas desde o luns 15 de xullo
A concellería de Vías, Obras e Servicios do Porriño xunto coa Policía Local informan que a partires do luns 15 de xullo haberá un carril sen servizo na rúa Domingo Bueno á altura do parque infantil, por mor das obras de humanización da zona.
Estímase que esta restricción ao tráfico dure unhas dúas semanas. O paso de vehículos estará regulado con semáforos e os servizos de autobuses seguirán o seu curso habitual.