Home Pontevedra BNG urxe o Goberno a actuar e recuperar como espazo público a...

BNG urxe o Goberno a actuar e recuperar como espazo público a Illa viguesa de Toralla

- Anuncio -

Carme da Silva exixe garantir o tránsito público na zona de servidume de protección, de tránsito e nas de acceso ao mar, permitindo a libre circulación de persoas

O BNG mostra o seu apoio á mobilización veciñal realizada o pasado fin de semana para reclamar que a illa sexa devolta ao uso público e se abra a senda peonil prometida

O BNG vén de rexistrar iniciativas nas Cortes do Estado para reclamar ao Goberno que cumpra a normativa estabelecida en dominio público marítimo terrestre e que na Illa de Toralla, en Vigo, se garanta o tránsito público, así como as servidumes de tránsito, de protección e de acceso ao mar. A senadora nacionalista, Carme da Silva, denuncia o incumprimento da lei en relación a dominio público marítimo terrestre e ás zonas de paso público e apremia o Goberno para que se cumpra a lei e sexa, polo tanto, liquidado definitivamente.

A illa de Toralla foi obxecto dunha especulación urbanística salvaxe nos anos 60 do século pasado entregada aos intereses empresariais privados, comezando a urbanizarse. Primeiramente, construíuse a ponte e colócase un valo e un vixiante que só permite o paso a propietarios e persoas autorizadas, posto que a illa está en mans dunha comunidade de propietarios e a ponte de acceso é unha concesión privada que termina en 2064. A mesma empresa que ten a concesión, Toralla S.A., xestiona desde 1965 a ponte e os terreos comúns dentro da illa.

“A desprotección da illa e a súa caótica urbanización chegou até o extremo de construír un alto edificio de vinte pisos que destaca na visión desde calquera punto da Ría e mesmo desde a praia do Vao” sinala a senadora do BNG. Mais, aínda que a illa foi “privatizada”, a lei recolle que debe ser accesíbel ao tránsito público nas zonas de servidume e de dominio público marítimo terrestre. “De feito, o Ministerio aprobou en 2008 o proxecto de Recuperación do DPMT e apertura ao tránsito na Illa de Toralla” lembra Carme da Silva.

O propio Ministerio de Transición Ecolóxica, incide a senadora, deixa claro que “a zona de servidume de protección é aquela franxa de terreos de propiedade privada lindeira co dominio público marítimo terrestre que está suxeita a determinadas limitacións que contén a lei de Costas co fin de protexer o DPMT (Dominio Público Marítimo Terrestre”. Neste sentido, Carme da Silva denuncia que este precepto non se está a cumprir na Illa de Toralla.

“Unha barreira e un vixiante impiden o acceso de vehículos e peóns ao interior, permitindo só o paso aos investigadores da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) que se atopa a súa sede alí e as visitas a residentes deben ser notificadas con anterioridade” explica a senadora do BNG.

“A lexislación vixente estabelece que calquera persoa pode chegar até a ribeira do mar a pé mais, na realidade, os visitantes só se lles permite acceder aos areais situados a ambos os dous lados da ponte. A norma contempla restricións ás leiras limítrofes co dominio público marítimo-terrestre para garantir o libre paso dos cidadáns e vehículos de vixilancia e salvamento” sinala Carme da Silva. Ademais, continúa a senadora, na lei estabelécense obrigas respecto ás servidumes de protección e servidume de tránsito que tampouco se están a cumprir na Illa de Toralla.

En opinión da senadora do BNG, o Goberno do Estado debe facer cumprir a lei e actuar de forma inmediata “para garantir o tránsito público na zona de servidume de protección, nas zonas de servidume de tránsito e nas zonas de servidume de acceso ao mar, permitindo a libre circulación de persoas e asegurando o acceso público a liña costeira”.

De facto, este problema tamén estivo no ámbito xudicial e existen varios pronunciamentos por parte da Xustiza sobre o peche da Illa de Toralla: en outubro de 1997, o Tribunal Supremo rexeitaba o recurso presentado polos residentes particulares da illa que pedían a exclusividade do uso e goce da ponte e as súas praias. A sentenza deixaba claro que en base á Lei de Costas os propietarios deberían ceder para dominio público seis metros de terreo a partir da máxima preamar rexistrada.

A veciñanza de Vigo reivindica a recuperación da Illa para todos os vigueses e viguesas

Pola súa parte, o portavoz do BNG no Concello de Vigo, Xabier P. Igrexas, trasladou o apoio da organización nacionalista á veciñanza que se mobilizou esta pasada fin de semana na ponte que une a praia do Vao coa illa de Toralla e reclamar a súa recuperación como espazo público, así como a apertura da senda peonil aprobada en 2008. “Non podemos permitir que en pleno 2024 a illa de Toralla continúe a ser un couto privado para uns poucos VIP” apunta.

“A falta de acción do Goberno local, a complicidade da Xunta de Galiza e a conivencia dos sucesivos gobernos do Estado está a provocar que na Illa de Toralla se siga a incumprir a lei en relación ao dominio público marítimo-terrestre e ás zonas de paso público” denuncia Xabier P. Igrexas.

O portavoz municipal nacionalista subliñou o firme compromiso do BNG para “seguir a dar a batalla en todas as frontes para lograr que a veciñanza de Vigo recupere Torallla e poida exercer plenamente o seu dereito a percorrer a illa”

Relacionadas

A Deputación pon este domingo en funcionamento o programa +Benestar, con preto de 70...

0
As primeiras estancias do programa provincial levarán a 70 persoas de 13 concellos da provincia ao Hotel Carlos I e o Gran Talaso de...

A Deputación reparte máis de 220.000 euros entre 25 entidades da contorna do Salnés...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.800 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación reparte máis de 310.000 euros entre 34 entidades da contorna de Pontevedra...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación reparte preto de 520.000 euros entre 56 entidades de Vigo e o...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación leva este domingo o circuíto +Escénicas ata O Rosal con “Loló e...

0
A peza teatral, para maiores de 12 anos, poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio municipal do Rosal +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución...

O Concello de Redondela oponse ao Plan de Usos da Autoridade Portuaria ante a...

0
O plan do porto vigués non recolle ningún tipo de avaliación sobre o impacto ambiental que terá nunha zona especialmente sensible como é a...

Publicacións Relacionadas