Home Baixo Miño A Guarda A Guarda acolleu con expectación a presentación da Festa do Mexillón de...

A Guarda acolleu con expectación a presentación da Festa do Mexillón de Vilanova de Arousa

- Anuncio -

Esta mañá a praza de Avelino Vicente acolleu a presentación da XXX Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa. Moitos guardeses e guardesas achegáronse a degustar os petiscos que preparou o alumnado do obradoiro Mar de Santiago.

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, destacou a calidade do menú que preparan e tamén da súa relación coa Guarda, que visita con frecuencia. O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, recordou a acollida que deron en Vilanova de Arousa á presentación da Festa da Langosta e como se converteu en todo un éxito que seguro que se repite coa Festa do Mexillón.

Ademais, o acto contou con varios invitados de honra, como os presidentes das cámaras municipais de Vilanova de Cerveira, Rui Teixeira, e de Valença, José Manuel Carpinteira. Mais tamén coincidiu coa visita do alcalde de Santa Tecla (El Salvador), Henry Flores, cidade que conta con case 200.000 habitantes.

A XXX Festa do Mexillón e do Berberecho celebrarase en Vilanova de Arousa, durante a segunda fin de semana do mes de agosto e contará con actuacións como Panorama.

Relacionadas

A Deputación pon este domingo en funcionamento o programa +Benestar, con preto de 70...

0
As primeiras estancias do programa provincial levarán a 70 persoas de 13 concellos da provincia ao Hotel Carlos I e o Gran Talaso de...

A Deputación reparte máis de 220.000 euros entre 25 entidades da contorna do Salnés...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.800 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación reparte máis de 310.000 euros entre 34 entidades da contorna de Pontevedra...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación reparte preto de 520.000 euros entre 56 entidades de Vigo e o...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación leva este domingo o circuíto +Escénicas ata O Rosal con “Loló e...

0
A peza teatral, para maiores de 12 anos, poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio municipal do Rosal +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución...

O Concello de Redondela oponse ao Plan de Usos da Autoridade Portuaria ante a...

0
O plan do porto vigués non recolle ningún tipo de avaliación sobre o impacto ambiental que terá nunha zona especialmente sensible como é a...

Publicacións Relacionadas