Ante as recentes publicacións en redes sociais e en La Voz de Galicia por parte do concelleiro do BNG, Xurxo Pardo, vémonos na necesidade de desmentir rotundamente as acusacións infundadas que se verteron contra o goberno liderado por Luciano Otero.
Falsas Acusacións sobre Custos de Rozas
O concelleiro Pardo afirmou, sen fundamento algún, que o alcalde Luciano Otero gasta o diñeiro público en contratar empresas privadas para realizar traballos de rozas a razón de 75 euros por hora.
A realidade é que non existen tales facturas nin se realizou ningún gasto de tal magnitude. De feito, os datos reais mostran que a empresa mencionada por Xurxo facturou ao Concello de Pazos de Borbén no mes de xaneiro 4.997,40 euros máis IVA por 320 horas de traballos en rozas, limpeza, etc…, resultando a hora de traballo da empresa a 15,62€. Estes montantes distan moito dos 75 euros que afirma Xurxo.
Contratación de Empresa Externa
É importante aclarar que a contratación da empresa externa realizouse unicamente debido a que o anterior goberno do PP deixou ao Concello con apenas dous operarios para os últimos cinco meses do ano, totalmente insuficientes para atender todos os traballos necesarios. Estas contratacións foron indispensables para manter uns servizos mínimos.
Desempeño da Empresa Contable
Outra das acusacións de Pardo menciona a contratación dunha empresa contable que, segundo el, retrasou os pagos no canto de axilizalos. Esta afirmación tamén é falsa e facilmente desmentila con datos públicos: en xullo de 2023, ao asumir o goberno de Luciano Otero, o período medio de pago do Concello de Pazos de Borbén era de 70 días. No primeiro trimestre de 2024, este período reduciuse a 32 días, con previsións de mellora continua.
Xestión Responsable do Goberno Actual
Durante este mandato só se levaron a pleno facturas pendentes de pago por un valor de 1,500 euros do ano 2023, mentres que o anterior goberno do PP deixou facturas sen pagar por un valor de 250,000 euros, acumulando débedas nos caixóns. Estas cifras demostran a xestión responsable e transparente do actual goberno.
Chamado á Colaboración e á Veracidade
Luciano Otero lamenta que os partidos que se din progresistas estean aliñados co PP no seu intento de tombar o goberno do cambio que tanto custou acadar. “Respectamos que non se sumaran a traballar para mellorar o noso concello dende o goberno, que é onde se demostra a valía. Entendo, tamén, que están na oposición e acepto as críticas construtivas. Pero o que non tolero é a mentira e o engano que buscan desacreditar a un goberno que o está a facer ben, malia os paus que nos poñen nas rodas”
Otero espera ter aclarado as informacións falsas difundidas e pide rigor, veracidade e abandonar “a estratexia do canto peor mellor que sacrifica o ben común de Pazos de Borbén por intereses partidistas”