Despois do circuíto de seguridade viaria da semana pasada, a Concellaría de Mobilidade e Policía organizou hoxe unha saída polas rutas Cicl-Ando Carballo para os nenos e nenas que participan noutro dos numerosos campamentos de verán que se desenvolven no noso concello. A pé, en patinete ou en bici, e acompañados polo concelleiro Juan Seoane, realizaron unha ruta circular entre O Chorís e o polígono de Bértoa aproveitando o bo tempo. E pasárono realmente ben!