Home Pontevedra O BNG esixe a Ángel Rivas que medie para unha solución xusta...

O BNG esixe a Ángel Rivas que medie para unha solución xusta na folga de Parques e Xardíns ou dimita

- Anuncio -

A fronte nacionalista reclama unha rectificación das acusacións falsas realizadas polo concelleiro socialista: “Son o retrato dun goberno tan inútil como fóra da realidade”

Acusa ao Goberno de Caballero de poñerse sempre do lado das grandes concesionarias en lugar de defender o interese público e os dereitos do persoal de servizos municipais

Xabier P. Igrexas: “Que faga un oco na súa axenda institucional de misas e procesións e dedique apenas uns minutos a escoitar ao persoal de mantemento de zonas verdes”

O Bloque Nacionalista Galego esixe ao concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, que medie para unha solución xusta na folga indefinida no servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo ou dimita se é incapaz de facelo. A fronte nacionalista responde así ás acusacións realizadas polo edil socialista, a quen lle reclaman unha rectificación das mesmas por responsabilizar con “falsidades” tanto ao persoal como ao propio Bloque da presenza de lixo e danos ao mobiliario urbano.

“As declaracións do señor Rivas son o retrato dun goberno tan inútil como fóra da realidade”, censurou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen considerou as declaracións do concelleiro de Parques e Xardíns da “máxima gravidade” e por “faltarlle ao respecto á intelixencia das viguesas e dos vigueses pretendendo facer culpábel ao BNG de todos os problemas que crea a súa propia incapacidade na xestión”.

Igrexas esixiu ao edil que exerza as súas competencias lembrando que non moveu un só dedo para unha saída á folga neste servizo municipal da súa competencia, que cumpre este martes 8 xornadas. “Que faga un oco na súa apretada axenda institucional de misas e procesións, para as que sempre está disposto con verdadeiro entusiasmo e nas que supoño que lle lembrarán que mentir é pecado, e dedique apenas uns minutos do seu tempo a escoitar ao persoal e a mediar para lograr unha solución xusta”, ironizou

O portavoz municipal nacionalista lembrou que o BNG leva demandando dende o inicio que o Goberno local actúe para mediar coa UTE concesionaria diante do bloqueo da negociación colectiva. De feito, Igrexas mantivo un encontro coa representación sindical para atender as súas reivindicacións fronte á ameaza de que os seus salarios se vexan empobrecidos e perdan poder adquisitivo.

Caballero sempre do lado das grandes empresas

Na mesma liña, lamentou que o Goberno de Abel Caballero volva aliñarse cunha gran concesionaria cando se produce un conflito laboral nun servizo de titularidade municipal en lugar de defender o interese público e o dereito das traballadoras e traballadores, como ocorreu nos últimos anos no caso das folgas de Vitrasa, do servizo de limpeza de colexios ou na XER. “Para ser un Goberno que se di progresista, a súa xestión é un calco moi logrado do que fai o PP alí onde goberna”, afeou.

Relacionadas

A Deputación pon este domingo en funcionamento o programa +Benestar, con preto de 70...

0
As primeiras estancias do programa provincial levarán a 70 persoas de 13 concellos da provincia ao Hotel Carlos I e o Gran Talaso de...

A Deputación reparte máis de 220.000 euros entre 25 entidades da contorna do Salnés...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.800 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación reparte máis de 310.000 euros entre 34 entidades da contorna de Pontevedra...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación reparte preto de 520.000 euros entre 56 entidades de Vigo e o...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación leva este domingo o circuíto +Escénicas ata O Rosal con “Loló e...

0
A peza teatral, para maiores de 12 anos, poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio municipal do Rosal +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución...

O Concello de Redondela oponse ao Plan de Usos da Autoridade Portuaria ante a...

0
O plan do porto vigués non recolle ningún tipo de avaliación sobre o impacto ambiental que terá nunha zona especialmente sensible como é a...

Publicacións Relacionadas