Home A Coruña Neda promocionarase en Equicio Ferrol coa vista posta xa na próxima edición...

Neda promocionarase en Equicio Ferrol coa vista posta xa na próxima edición da Festa do Pan

- Anuncio -

Neda sumarase un ano máis a Equiocio Ferrol. O Concello contará nos días grandes do certame hípico e de lecer familiar, que se celebra do 1 ao 4 de agosto, cun stand para dar a coñecer os seus principais reclamos turísticos e, singularmente, a próxima edición da Festa do Pan.
Por cuarto ano consecutivo, a localidade estará presente no veterano evento, que se organiza na parroquia ferrolá de Covas. Unha cita que convoca anualmente a milleiros de persoas afeccionadas ao mundo ecuestre que, en moitas ocasións, aproveitan a visita para desfrutar da comarca. Trátase dun público heteroxéneo, con numerosos visitantes chegados do resto de Galicia, así como doutros puntos do país e do veciño Portugal.
Neste contexto, Neda presentarase como localidade de paso ou de inicio do Camiño Inglés, unha das rutas de peregrinación a Santiago de Compostela, que está a vivir o seu particular boom, e tamén como a capital do mellor pan de Galicia. Unha vila na que cómpre deterse.
Así, quen se achegue ao stand de Neda poderá facerse cunha guía municipal con propostas para aproveitar ao máximo a estancia na localidade (unha visita á espectacular fervenza do Belelle, un paseo polo casco antigo, ou imprescindible compra de produtos dos fornos locais…) Promocionarase ademais a Festa do Pan, declarada de interese turístico de Galicia, que terá lugar o domingo 1 de setembro.
Será a segunda feira na que participe este ano o Concello de Neda, tras o recente paso por Primavera no Camiño Inglés. E estarán presentes, xunto a outros municipios, todas as localidades da comarca ligadas á ruta de peregrinación.

Relacionadas

O Concello de Carral celebrou hoxe o seu Magosto-Samaín

0
O Concello de Carral celebrou hoxe o seu Magosto-Samaín. O campo da feira foi o escenario desta festa, que acolleu a rapaces e adultos, e...

O PP de Culleredo pídelle a Rioboo que esixa ao Estado a inmediata reparación...

0
∙ Aberto ao público desde o pasado maio, os usuarios quéixanse do estado no que quedou o paseo. “As obras de reparación que prometían...

En marcha a restauración da cuberta do muíño do parque de Santa Margarida para...

0
A intervención conta cun orzamento de máis de 25.000 euros co obxectivo de garantir a durabilidade do muíño e o seu valor histórico O Concello...

Unha trintena de alumnos e alumnas participarán no programa municipal ‘Antenas de Información Xuvenil’

0
O alumnado, procedente de 19 centros educativos da cidade, transmitirá a información cos Espazos Municipais de Información Xuvenil O Concello vén de facer pública a...

O mellor mel de Galicia, mañá en Perillo na Feira do Mel

0
Mañá domingo 3 de novembro, en horario de 10.00 a 15.00 horas, celébrase a XXXIV edición da Feira do Mel baixo a cuberta da...

Carballo conmemorará o 50º aniversario da casa do concello cun acto aberto a toda...

0
Celebrarase o 15 de novembro e contará coa participación do arquitecto que deseñou o edificio, inaugurado no 1974, e de funcionarios da épocaO 2...

Publicacións Relacionadas