Home Vigo Mos Mos acomete o primeiro tramo do saneamento no Camiño de Ansar con...

Mos acomete o primeiro tramo do saneamento no Camiño de Ansar con fondos propios

- Anuncio -
  • A obra, que se atopa en execución por operarios municipais, ten un orzamento total de 51.500 euros
  • A maiores, unha vez rematados estes traballos, acometerase a mellora integral do Camiño, realizando o asfaltado do mesmo grazas a unha subvención da Deputación

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o seu tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, informaron hoxe de que se atopan en execución as obras de acometida da rede de saneamento no primeiro tramo do Camiño de Ansar, parroquia de Sanguiñeda.

Os devanditos traballos son financiados íntegramente polo Concello de Mos, que está a acometelos con operarios municipais e realizará un investimento total neles de 51.478,35 euros.

Así mesmo os representantes municipais Arévalo e Grandal, anunciaron que, unha vez rematada a instalación do saneamento, o Camiño de Ansar será obxecto dunha mellora integral mediante o asfaltado do mesmo. Neste caso a obra contará con subvención da Deputación de Pontevedra.

O obxectivo das obras que se están a acometer é permitir que dito servizo de saneamento dea servizo á máxima extensión do concello. As obras consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento.

Como se dicía, as obras en Ansar consisten na execución da rede de saneamento neste camiño da parroquia de Sanguiñeda, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que todavía carecen deste servizo.

Concretamente estase a levar a cabo a execución de 400 ml de saneamento que dará servizo a un total de 12 casas e a uns 50 veciños e veciñas da contorna.

Relacionadas

A Deputación pon este domingo en funcionamento o programa +Benestar, con preto de 70...

0
As primeiras estancias do programa provincial levarán a 70 persoas de 13 concellos da provincia ao Hotel Carlos I e o Gran Talaso de...

A Deputación reparte máis de 220.000 euros entre 25 entidades da contorna do Salnés...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.800 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación reparte máis de 310.000 euros entre 34 entidades da contorna de Pontevedra...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación reparte preto de 520.000 euros entre 56 entidades de Vigo e o...

0
Son asociacións, confederacións, federacións, unións de asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais que recibirán contías entre os 6.000 e os 10.000 euros “Estamos...

A Deputación leva este domingo o circuíto +Escénicas ata O Rosal con “Loló e...

0
A peza teatral, para maiores de 12 anos, poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio municipal do Rosal +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución...

O Concello de Redondela oponse ao Plan de Usos da Autoridade Portuaria ante a...

0
O plan do porto vigués non recolle ningún tipo de avaliación sobre o impacto ambiental que terá nunha zona especialmente sensible como é a...

Publicacións Relacionadas