O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, na cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2024, que este ano están relacionadas co sector audiovisual e as recibiron o actor Luis Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual.
A Deputación de Pontevedra amosa o seu apoio ao sector audiovisual de Galicia como un dos xeitos máis destacados para a difusión da cultura galega, para xerar actividade económica e crear emprego, así como para consolidar o territorio como escenario para rodaxes, o que favorece tamén o turismo.