Home Xunta de Galicia A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará a situación dunha alga asiática invasora nas costas galegas 

- Anuncio -

As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para estudar a Rugulopteryx okamurae, unha especie que xa está presente nalgunhas zonas das rías da Coruña e Vigo

A Xunta avanza nos traballos para constituír un comité de expertos para o estudo da presenza nas costas galegas da alga asiática invasora Rugulopteryx okamurae, unha especie que comezou a aparecer hai anos noutras comunidades como Andalucía e que foi incluída a finais de 2020 no Catálogo español de especies exóticas invasoras.
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a avaliar a composición dese grupo e as liñas de traballo a desenvolver co obxectivo de estudar a especie e atallar a súa proliferación pois xa se atopa nalgúns puntos das rías da Coruña e de Vigo e pode ter impacto nos seus ecosistemas.
A constitución deste comité xa foi comunicada o pasado mércores pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, ao Goberno central durante a celebración da Comisión Sectorial de Medio Ambiente, na que trasladou a vontade da Xunta de que ese grupo comece a traballar de xeito inmediato e que conte entre os seus membros con algún representante do Executivo central, ao que cursará de xeito formal unha invitación nos vindeiros días.
Neste sentido, xa existe unha estratexia nacional de control desta especie -aprobada en 2022- pero o Goberno central non avanzou no seu desenvolvemento e aplicación. De feito, os movementos a nivel nacional neste eido limitáronse a elaborar ese plan sen que ata o momento se realizase ningunha actuación concreta no medio.
Nese comité de expertos participarán distintos departamentos da Administración galega, entidades investigadoras, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e representantes do sector pesqueiro así como do Goberno central en caso de que acepte a proposta galega de incorporarse ao grupo de traballo.
O obxectivo desta comisión será elaborar un plan de xestión da biomasa derivada desta especie e analizar os posibles impactos da súa expansión tanto económicos no sector pesqueiro como ecolóxicos para o medio ambiente, ao tratarse dunha posible ameaza para a biodiversidade do medio mariño.

Relacionadas

A Xunta participa na campaña da Unión Ciclista Europea para concienciar sobre a protección...

0
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na iniciativa ‘UEC Forest’ na que representantes de entidades como a Xunta colaboradoras na...

O xurado visita o Pazo de Lourizán antes de elixir o gañador do concurso...

0
Nos próximos días dará a coñecer a decisión final sobre quen levará a cabo o proxecto da reforma integral, que conta cun orzamento estimado...

Román Rodríguez enxalza o talento e potencial das empresas e centros de investigación galegos...

0
— O conselleiro de Ciencia, xunto ao reitor da USC, visita en Xenebra a Organización Europea para a Investigación Nuclear, o maior laboratorio de...

A Xunta impulsa a conexión entre empresas galegas emerxentes e talento universitario no marco...

0
— Un total de nove empresas asesoradas na Rede de polos terán a oportunidade de colaborar con estudantes universitarios no marco dos seus traballos...

A Xunta e o concello de Laxe avalían o estado do proxecto para construir...

0
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Laxe, Francisco Charlín, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente o...

A Xunta lémbralle ao sector que a taxa turística será xestionada integramente polos concellos...

0
— O director de Turismo de Galicia reúnese con representantes das asociacións para informar da habilitación normativa que creará a taxa que pide Santiago —...

Publicacións Relacionadas