- Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo da Festa da Lamprea Seca
As incricións realizaranse no Concello de Arbo ou no e-mail oficinas.concellodearbo@gmail.com.
- A Festa da Lamprea Seca, terá lugar os días 9, 10 e 11 de agosto na Carballeira de Turbela
- Pola historia, singuaridade, arraigo e tradició o Consello da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2022, declarou a Festa da Lamprea Seca de Arbo, de interese túristico de Galicia.
O Concello de Arbo, organiza a tradicional “Festa da Bicicleta” coincidindo coa XXIX edición da Festa da Lamprea, que este terá lugar o día 11 de agosto na Carballeira de Turbela, coa a colaboración da Asociación LimpreBike. A saída esta proxectada para ás 10:30 dende a Praza do Concello e a chegada será a Carballeira de Turbela, donde se fará sorteos entre os participantes, entre os agasallos a sortear atopanse botellas de viño das adegas de Arbo e degustación de ración de lamprea seca..
Inscripción no Concello de Arbo ou no e-mail oficinas.concellodearbo@gmail.com.
A marcha arranca ás 10:30horas dende a Praza do Concello e remata na Carballeira de Turbela donde os participantes poderan participar noutras actividades lúdicas e culturais que terán lugar ao longo do día na Carballeira de Turbela, organizadas con motivo da Festa da Lamprea, degustar nos postos habilitados este manxar nas súas diferentes variedades, asada, rebozada, rechea, con fideos… acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, coa actuación grupos folclóricos, charangas, zona de picnic con mesas e sombra… e por suposto, non pode faltar a visita obrigada ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, “Arabo”, situado fronte ao recinto, que permitirá, a locais e foráneos, coñecer mellor nosos principais signos de identificación.
Os menores deberán ir acompañados de un adulto e é obrigatorio o uso de casco.
Apunta os días, ó 9, 10 e 11 de agosto tes unha cita en Arbo, unha cita coa gastronomía!! Unha cita coa tradición!! Unha cita coa Lamprea!!