Home A Coruña Comezan os traballos de restauración do Cruceiro de Labañou

Comezan os traballos de restauración do Cruceiro de Labañou

- Anuncio -

O Concello iniciou o desmonte da peza, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) polo seu valor histórico

A execución dos traballos teñen unha duración estimada de catro semanas e estarán coordinados por Rocío Lopo

O Concello da Coruña iniciou esta semana a desmontaxe do Cruceiro de Labañou para proceder á súa restauración. Os traballos comezan logo dos procedementos administrativos requeridos como Ben de Interese Cultural (BIC) para iniciar a intervención, cumplindo así cunha demanda dos veciños e veciñas do barrio de Labañou.

A restauración conta cun orzamento de 14.000 euros e atenderá tanto ás necesidades de reparación existentes como á mellora do estado de conservación e preservación do elemento para os vindeiros anos.

Os traballos centraranse, principalmente, no tratamento de faltantes e restablecemento de elementos decorativos, xunto coa limpeza e eliminación de vexetación e microorganismos e a aplicación de métodos de control para a ploriferación dos mesmos (especialmente vexetación adventicia, briofitos, fungos, algas e liques). Tamén se nivelarán e modificarán, se procede, os rasantes e firmes actuais mellorando a planitude da superficie.
De acordo co itinerario marcado, o Concello iniciou o desmonte para o seu traslado aos talleres, onde se realizará o siglado e clasificación das pezas do cruceiro, restauradas e reinstaladas posteriormente. A intervención está coordinada pola restauradora e conservadora Rocío Barreiro Lopo, graduada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Logo da realización dos traballos, a restauración entregarase a valoración pola dirección xeral de Patrimonio Cultural de Galicia, de acordo coa súa natureza de Ben de Interese Cultural.
A concelleira de Mobilidade e Infraestructuras, Noemí Díaz, destacou a acción como recuperación dun símbolo do barrio: “O Goberno de Inés Rey recupera así unha peza que fala da historia do barrio e da historia da Coruña, cun importante valor patrimonial e avanzando na recuperación dos elementos culturais e históricos da cidade”.

O Cruceiro de Labañou, Ben de Interese Cultural

O denominado ‘Cruceiro de Labañou’ foi declarado BIC pola súa relevancia material e cultural cuxa orixe podería estar vinculada principalmente a dous factores.

Dunha banda, á instauración dos canons iconográficos trentinos, fundamentalmente tras a finalización do Concilio Provincial de Compostela no 1565. Por outra, ao afianzamento e expansión do franciscanismo laico da Venerable Orde Terceira (VOT) na Coruña entre os anos 1673 e 1834.
Ambas cuestións contribuíron á conformación do novo imaxinario relixioso do período e, posiblemente, ao reforzamento e predominio dos cruceiros na cultura popular de Galicia.

Relacionadas

A veciñanza de Aguiño pide médicos a tempo completo

0
A veciñanza de Aguiño mobilizouse un venres máis para demandar a cobertura completa de profesionais médicos no centro de saúde da parroquia. Membros do equipo...

A CREBA presenta os seus servizos e a situación das mulleres ante a violencia...

0
O salón de plenos lousamiá acolleu esta mañá a decimoquinta xuntanza da Mesa, presidida pola concelleira de Igualdade Silvia Agrafojo O salón de plenos do...

Presentación dos concursos de embelecemento do Nadal de Ribeira Ribeira, 8 de novembro de...

0
Hoxe pola maná celebrouse a convocatoria para presentar os concursos de embelecemento do Nadal, ao acto asistiron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta,...

Goretti Sanmartín participa no acto de inauguración do Centro de Investigación Mestrelab

0
Goretti Sanmartín participa no acto de inauguración do Centro de Investigación Mestrelab A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou hoxe na inauguración Mestrelab CIM, na...

O Concello organiza un obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina...

0
O luns abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de auto coñecemento para o coidado da saúde feminina a partir dos 50...

O Teatro Colón acollerá o 22 de novembro o 30 aniversario do bravú

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou o evento, que consistirá na proxección do documental BRAVÚ XXX e a actuación de Orquestra...

Publicacións Relacionadas