Free Porn
xbporn
Home Vigo Baiona Inauguración do Novo Comedor no CEIP Fontes-Baíña de Baiona que beneficia a...

Inauguración do Novo Comedor no CEIP Fontes-Baíña de Baiona que beneficia a 60 escolares

- Anuncio -

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o Director Territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, a concelleiro de Educación, Nuria Leyenda Gómez, e a presidenta do ANPA, Ana Alar Prado, e a directora de colexio Noelia Fernández Colmenero, inauguraron esta mañá o novo comedor do CEIP Fontes-Baíña de Baiona que beneficia a 60 escolares.

Os traballos supuxeron un investimento de 5.505,50 euros e foron financiados polo consistorio baionés. Na organización e nos traballos participaron activamente o ANPA e a Dirección Escolar traballando en conxunto co Concello.

Os traballos que se levaron a cabo no centro educativo responden a un cambio de localización do comedor no edificio B de Educación Infantil para o de edificio de Primaria. En concreto, condicionouse un novo espazo no salón de actos situado na planta baixa do edificio de primaria para ofrecer ao alumnado un servizo de comedor máis cómodo e funcional. Para iso, procedeuse á derriba dunha parede que separaba dous espazos, coa aprobación do departamento técnico da Xefatura Territorial de Educación, para unificar os dous espazos dotando a sala dun espazo máis amplo, con maior capacidade e comodidade. Tamén se procedeu á retirada da cortiza, volvendo recuperar tras o pulido e abrillantado do piso, o pavimento orixinal cumprindo coas directrices sanitarias esixidas para o servizo de comedor. Así mesmo, pintáronse as paredes de todo o espazo, mellorouse o alicatado do baño que dá servizo aos escolares, a instalación eléctrica e a fontanería.

Nas fachadas exteriores do centro escolar tamén se realizaron importantes traballos de impermeabilización poñendo fin a problemas de filtracións de humidades.

O rexedor, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que “Con esta actuación, MELLOROUSE notablemente o servizo de comedor do CEIP Fontes-Baíña do que se benefician 60 escolares. Anteriormente, o comedor, xestionado polo ANPA, situábase no outro edifico. Ademais, cos novos traballos o alumnado poderá gozar de espazo moito máis grande e cómodo. Este servizo é moi demandado polos pais para facilitar a conciliación da vida laboral e desde o concello a mellora das instalacións dos centros educativos é unha máxima que se fai necesaria para poder garantir unha educación e uns servizos de calidade”.

O rexedor quixo terminar sinalado que “a execución deste proxecto tan necesario para as familias é un bo exemplo dos bos resultados que se obteñen da colaboración entre as administración local e autonómica, os centros educativos e o AMPA, ás que agradecemos o apoio, a súa gran implicación e o seu traballo”.

No presente curso escolar 2024/2025 no CEIP Fontes-Baíña de Baiona hai matriculados 145 alumnos e alumnas.

NOVA ZONA DE RECREO CON CÉSPEDE ARTIFICIAL
A dirección escolar realizou a compra de céspede artificial para dotar o centro educativo dunha zona de recreo verde para o #gozar do alumnado. A empresa que levou a cabo os traballos do novo comedor foi a encargada da instalación seguindo as directrices de seguridade esixidas.

ANPA FONTES BAÍÑA

Presidenta do ANPA, Ana Alar Prado:

“Desde o Anpa Fontes Baiña por fin vemos cumprida unha das principais necesidades dos nosos fillos, o traslado do comedor do centro, xa que debido ao aumento do alumnado nos últimos anos existía un serio problema de espazo”.
“Queremos agradecer ao Concello, en especial á concelleira de Educación, Nuria Leyenda, pola súa axuda, implicación e traballo,
ao Director Territorial pola súa colaboración,
a toda a comunidade educativa, en especial á nosa directora Noelia, polo seu apoio e a todas as persoas vinculadas ao ANPA que colaboraron connosco”.

DIRECCIÓN CEIP FONTES BAÍÑA

Directora de colexio Noelia Fernández Colmenero:

“Con este traslado melloramos ou benestar do alumando, as instalacioóns do centro educativo e ou servizo complementario de comedor escolar (xestionado polaANPA)”.

“Quero agradecer ás familias que axudaron cun duro traballo a mellorar ou espazo, grazas ao concello de BAIONA, ao conserxe, grazas á dirección territorial polas xestións, e moi especialmente grazas á concelleira de Educación (Nuria) quen día a día Supervisou toda a obra e colabora en todo ou que ou colexio precisa”.

Relacionadas

Redondela conmemora o Día do Alzhéimer cunha charla informativa para familias e coidadores

0
O sábado, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzhéimer, unha enfermidade que afecta a unha de cada dez persoas maiores de 65...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na presentación da programación de outubro previa...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da programación de outubro previa á Gala dos...

O concello da Lama crea a “Aula Mentor” para achegar máis de 240 cursos...

0
Única na comarca do Verdugo-Oitavén, está ubicada nas dependencias da Biblioteca e Oficina Municipal de Información Xuvenil. O alcalde do Concello da Lama, David Carrera,...

Domínguez: “A planta de compostaxe non se vai a facer en Pontevedra pero seguen...

0
• O tempo dá a razón ao PP co diñeiro malgastado das arcas municipais no alugueiro dunhas hectáreas da parroquia que, nove anos máis...

A Deputación leva este sábado á Illa de Arousa unha actuación de Lontreira no...

0
O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades organizadas co gallo do Festival da Mocidade e serve de peche aos concertos programados...

Luis López destaca que a primeira colaboración entre a Deputación e Fadeal levará aos...

0
O presidente provincial asina un convenio dotado con 15.000 euros coa federación para o desenvolvemento do programa “Alzheimer de Preto” O presidente da Deputación de...

Publicacións Relacionadas