Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta ten mobilizado o 83% dos máis de 130M€ de Fondos...

A Xunta ten mobilizado o 83% dos máis de 130M€ de Fondos Next Generatión que xestiona, cos que está a avanzar na sostibilidade turística do destino

- Anuncio -

— O director de Turismo de Galicia participa na apertura das xornadas técnicas de seguimento dos plans de sustentabilidade turística en destino de Galicia

— Pon de manifesto a “o aproveitamento” destes fondos para completar, mellorar e renovar a oferta turística galega nos distintos concellos e renovar

— Recorda que está aberto o prazo dunha das liñas de axuda deseñada pola Xunta por 10M€ para a mellora enerxética dos establecementos turísticos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, abriu hoxe as xornadas técnicas de Seguimento dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino de Galicia nas que anunciou que a Xunta de Galicia ten mobilizado o 83% dos máis de 130M€ de fondos Next Generation que xestiona o goberno autonómico no eido turístico. Como explicou, nos últimos anos estívose a axilizar e avanzar na mobilización destes fondos “coa intención de aproveitar a oportunidade que supón esta inxección económica para mellorar, renovar e completar a oferta turística galega da man da sostibilidade”.

Neste sentido, no acto -no que estivo acompañado pola directora xeral de Políticas Turísticas da Secretaría de Estado de Turismo, Ana Muñoz- Xosé Merelles fixo balance das medidas realizadas a través de plans e liñas de axuda, algunhas delas vixentes como as que aínda se poden solicitar ata o 14 de novembro para implantar medidas de eficiencia enerxética nos establecementos turísticos cun investimento de 10M€ -a maior liña de axudas en orzamento posta en marcha cos Next Generation- que se suma aos 3M€ dunha convocatoria anterior.

O director de Turismo de Galicia referiuse tamén á folla de ruta marcada pola Xunta cos fondos Next Generation relacionada co Camiño de Santiago, con iniciativas como o Plan Xacobeo Next Generation, que está a permitir dinamizar e diversificar a ruta xacobea, ampliar a súa capacidade aloxativa ou mellorar o seu patrimonio. Fixo mención, en concreto, á posta en valor de 12 Bens de Interese Cultural na ruta xacobea, dos que están en marcha a maior parte dos proxectos como a rehabilitación da fortaleza de Monterrei, obras de acondicionamento e iluminación en Mondoñedo, a restauración paisaxística do Parque do Pasatempo en Betanzos ou a posta en valor da casa natal de Valle Inclán, entre outros.

Tamén fixo mención a outras accións ao abeiro deste Plan como a sinalización da ruta cicloturística Eurovelo ou a liña de axudas deseñada pola Xunta de Galicia por máis de 5M€ para dotar de usos turísticos e rehabilitar distintos recursos patrimoniais da ruta xacobea que permitirá, entre outras cuestións, dotar ao Mosteiro de Oia dun hotel e restaurante, así como aos faros grande e pequeno de Cabo Silleiro. Recordou tamén a aposta da Xunta por empregar os fondos europeos para mellorar as instalacións náuticas vinculadas á Ruta Traslatio e para un ambicioso proxecto en marcha que permitirá realizar unha cartografía dixital de todos os Camiños de Santiago.

Diversificación da oferta
Fixo mención tamén, aos diferentes Plans Territoriais de Sostibildiade Turística ao redor de temáticas como o litoral, a enogastronomía e dos recursos termais e cascos históricos, que engloban á súa vez distintos plans de destinos dos que se están a beneficiar numerosos concellos galegos.

“Ademais destes plans territoriais, desde a Xunta de Galicia deseñamos distintas actuacións de cohesión en destino que se traduciron en ambiciosas liñas de axuda para beneficiar a concellos e tamén ás empresas que, ademais, están a dar os seus froitos á hora de diversificar a nosa oferta e facela cada vez máis sostible”. Referiuse, en concreto, ás liñas de axuda para a rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral, ás destinadas ao embelecemento e actualización das adegas ou as que se deseñarán próximamente para modernizar e mellorar as instalacións termais galegas.

Relacionadas

A Xunta pon en marcha o centro que coordinará as políticas de emprendemento e...

0
― O novo Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego canalizará todas as actividades relacionadas co emprendemento na Comunidade, aplicando ademais un...

A Xunta destaca o traballo a prol da investigación biomédica do CICA, o que...

0
O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan o centro, que conta con máis de 200 investigadores  O secretario...

A Xunta reafirma o seu apoio á Feira de Artesanía de Cortegada que chegará...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro en...

A Xunta mellora a seguridade e accesibilidade de máis dun milleiro de paradas de...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou un destes puntos no concello de Arteixo — Preto de 300 están en execución...

A Xunta e a Universidade de Vigo impulsan unha nova campaña arqueolóxica en Cíes...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que o equipo de especialistas que dirixe Adolfo Fernández acaba de iniciar a escavación do xacemento localizado o ano pasado...

Xosé Merelles destaca a oportunidade de Galicia no astroturismo, que se está a converter...

0
O director de Turismo de Galicia participou na inauguración da II Conferencia Internacional Starlight que reúne a responsables dos destinos nacionais e internacionais O director...

Publicacións Relacionadas