Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Tui adquire novo material para cursos de RCP e...

O Concello de Tui adquire novo material para cursos de RCP e manexo dos desfibriladores

- Anuncio -
Protección Civil de Tui e Policía Local, xunto co médico tudense Rosendo Bugarín, impartirán obradoiros básicos en colexios e instalacións deportivas

O Concello de Tui vén de adquirir novo material, un manequín pediátrico e un chaleco de adestramento da manobra de Heimlich, que xunto ao manequín adulto e o simulador de desfibrilador (DESA) xa dispoñible dende antes da pandemia, servirán para a realización de novos obradoiros básicos de reanimación cardiopulmonar e manexo dos DESA.

Así, os voluntarios de Protección Civil de Tui, xunto ao persoal da Policía Local de Tui e o médico tudense, Rosendo Bugarín, retomarán estas formacións para asociacións deportivas tudenses e a comunidade educativa de Tui.

O Concello de Tui dispón de 10 desfibriladores, dous nos coches de Protección Civil de Tui, unha unidade na Policía Local, e sete en instalacións deportivas municipais, Pavillóns Gustavo Rodríguez e A Macoca, Campos Municipais de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, O Foxo de Caldelas, A Gándara de Guillarei e Santa Comba de Ribadelouro, e no Centro Interfederado de Tui.

O obxectivo de ter un concello cardioprotexido é prioritario para o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, resaltando o traballo desinteresado tanto de Rosendo Bugarín, como dos voluntarios de Protección Civil e Policía Local, en pro da formación tanto no uso dos DESA, como na realización do RCP.

Relacionadas

Redondela conmemora o Día do Alzhéimer cunha charla informativa para familias e coidadores

0
O sábado, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzhéimer, unha enfermidade que afecta a unha de cada dez persoas maiores de 65...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na presentación da programación de outubro previa...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da programación de outubro previa á Gala dos...

O concello da Lama crea a “Aula Mentor” para achegar máis de 240 cursos...

0
Única na comarca do Verdugo-Oitavén, está ubicada nas dependencias da Biblioteca e Oficina Municipal de Información Xuvenil. O alcalde do Concello da Lama, David Carrera,...

Domínguez: “A planta de compostaxe non se vai a facer en Pontevedra pero seguen...

0
• O tempo dá a razón ao PP co diñeiro malgastado das arcas municipais no alugueiro dunhas hectáreas da parroquia que, nove anos máis...

A Deputación leva este sábado á Illa de Arousa unha actuación de Lontreira no...

0
O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades organizadas co gallo do Festival da Mocidade e serve de peche aos concertos programados...

Luis López destaca que a primeira colaboración entre a Deputación e Fadeal levará aos...

0
O presidente provincial asina un convenio dotado con 15.000 euros coa federación para o desenvolvemento do programa “Alzheimer de Preto” O presidente da Deputación de...

Publicacións Relacionadas