Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López destaca a importancia da colaboración entre administracións para executar investimentos...

Luis López destaca a importancia da colaboración entre administracións para executar investimentos clave como os 1,7 millóns da reforma do CEIP Daría González

- Anuncio -

O presidente provincial, xunto coa vicepresidente Rafa Domínguez, visitou o centro educativo de Príncipe Felipe para comprobar o remate das obras de mellora da accesibilidade e da eficiencia enerxética

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este mércores o CEIP Daría González, na Cidade Infantil Príncipe Felipe, para comprobar o remate das obras de mellora da accesibilidade e eficiencia enerxética levadas a cabo neste centro e que supuxeron o investimento de 1,7 millóns de euros. O mandatario provincial, acompañado pola vicepresidente Rafa Domínguez e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; percorreu as instalacións e conversou cos membros da comunidade educativa. “Este proxecto xorde da colaboración entre institucións, unha fórmula que está demostrado que é útil e que funciona. Seguimos tendendo pontes coas admisnitracións para que a provincia vaia a máis”, declarou o dirixente provincial sobre un proxecto que recibiu fondos europeos para a súa execución.

Neste colexio de educación infantil e primaria ubicado na Cidade Infantil Príncipe Felipe, de titularidade da Deputación, levouse a cabo o cambio da cuberta, a renovación das carpinterías exteriores e da fachada, a instalación de paneis fotovoltaicos no tellado, reformáronse os aseos, habilitáronse novas salas adaptadas para as diversas necesidades dos usuarios e instalouse un ascensor adaptado para persoas con mobilidade reducida. “Imos dispoñer dun edificio en estado excelente, cunhas comodidades acordes ao tempo que estamos”, destacou o presidente Luis López, quen lembrou que este centro educativo, igual que ocorre cos restantes ubicados nos terreos de Príncipe Felipe, están implicados no proceso de transferencia da titularidade asinado no protocolo entre a Deputación e a Xunta.

Así mesmo, o dirixente provincial lembrou que no último ano de goberno, a Deputación promoveu investimentos nos distintos equipamentos de Príncipe Felipe por valor de 3,2 millóns de euros para mellorar tanto este centro educativo como as infraestruturas deportivas ou a Escola Fogar. “Unha das cousas que máis te lembras son das primeiras veces, recordo que cando accedemos ao goberno, unhas das primeiras iniciativas foi unha modificación de crédito para a substitución das luminarias do campo de fútbol porque non se podían utilizar no inverno pola noite”, rememorou Luis López.

Despois de recoñecer que a xornada deste mércores tratábase dun “día importante” para a Deputación, a comunidade e o alumnado” porque se daba por rematada unha “reforma necesaria” e de agradecer a comprensión das persoas que forman parte do centro polas molestias causadas polas obras, Luis López puxo en valor o labor dos docentes que traballan no Daría González, así como da coordinadora xeral da Cidade infantil Príncipe Felipe. “Facedes un traballo moitas veces non suficientemente recoñecido, pero determinante para a sociedade”, concluíu o presidente da Deputación.

Relacionadas

Redondela conmemora o Día do Alzhéimer cunha charla informativa para familias e coidadores

0
O sábado, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzhéimer, unha enfermidade que afecta a unha de cada dez persoas maiores de 65...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na presentación da programación de outubro previa...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da programación de outubro previa á Gala dos...

O concello da Lama crea a “Aula Mentor” para achegar máis de 240 cursos...

0
Única na comarca do Verdugo-Oitavén, está ubicada nas dependencias da Biblioteca e Oficina Municipal de Información Xuvenil. O alcalde do Concello da Lama, David Carrera,...

Domínguez: “A planta de compostaxe non se vai a facer en Pontevedra pero seguen...

0
• O tempo dá a razón ao PP co diñeiro malgastado das arcas municipais no alugueiro dunhas hectáreas da parroquia que, nove anos máis...

Luis Menor supervisa as obras de reparación da estrada provincial e da nova ponte...

0
Acompañado polo alcalde, Plácido Álvarez, afirmou que estes traballos supoñen “un dos investimentos máis elevados que ten realizado a Deputación en estradas” e que...

A Deputación acolle unha reunión de coordinación sobre estradas e seguridade viaria nas vías...

0
Os participantes intercambiaron información sobre obras en curso ou previstas, melloras de conexión entre vías de diferente titularidade ou actuacións para controlar a velocidade...

Publicacións Relacionadas