Free Porn
xbporn
Home Ourense O Concello retomará en outubro o Programa Nexos, de intervención con mulleres...

O Concello retomará en outubro o Programa Nexos, de intervención con mulleres en situación de vulnerabilidade e violencia de xénero

- Anuncio -

O Concello de Ourense retomará no mes de outubro o Programa Nexos, de intervención con mulleres en situación de vulnerabilidade e violencia de xénero. Este programa leva anos realizándose na Concellaría de Igualdade-CIMM e ten por finalidade achegar un espazo para as mulleres de forma que actúe como nexo de unión entre elas e o contorno social máis próximo, incidindo naquelas áreas deficitarias a nivel persoal, familiar e social para poder axustar mellor a súa situación e prestarlles así un servizo máis particular, eficaz, eficiente e de calidade.

“Entre as temáticas máis traballadas – explican desde a Concellería de Igualdade- están as relacionadas coa violencia de xénero, coa vivencia da muller que imos sendo coas nosas circunstancias, coa comunicación e resolución de conflitos, etc. Para iso contamos, a maiores, coa colaboración de profesionais externas, especialistas en Terapia do reencontro, de Traballo corporal e de Técnicas de relaxación, entre outras”.

O programa esténdese desde o mes de outubro ata mediados de xuño, realizando 3 sesións mensuais, os xoves, de 10.00 a 13.00 h. O número máximo de participantes por grupo é de 15 mulleres.

Para máis información: Rúa Vasco da Ponte, 1 baixo, no teléfono 988393191 ou no enderezo electrónico: concelleriamuller@ourense.es

Relacionadas

Luis Menor supervisa as obras de reparación da estrada provincial e da nova ponte...

0
Acompañado polo alcalde, Plácido Álvarez, afirmou que estes traballos supoñen “un dos investimentos máis elevados que ten realizado a Deputación en estradas” e que...

O Concello colaborará coa Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que realiza un estudo...

0
O alcalde recibiu o presidente e a secretaria da entidade O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o presidente, José...

A Deputación acolle unha reunión de coordinación sobre estradas e seguridade viaria nas vías...

0
Os participantes intercambiaron información sobre obras en curso ou previstas, melloras de conexión entre vías de diferente titularidade ou actuacións para controlar a velocidade...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 14 acordos na súa...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 14 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu a mediodía de...

O Memorial Manolo Carrera reunirá en Velle máis de 700 futbolistas de 28 equipos...

0
O campo de fútbol Monte da Aira reunirá máis de 700 futbolistas das categorías infantil e alevín na edición número 12 do Memorial Manolo...

A Deputación fomenta o turismo familiar reunindo a 300 rapaces nunha nova edición da...

0
O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na presentación desta proba deportiva de obstáculos que se disputará o vindeiro sábado, 21 de setembro no...

Publicacións Relacionadas