Home Ourense O alcalde convocará unha nova comisión de pleno a semana próxima para...

O alcalde convocará unha nova comisión de pleno a semana próxima para sacar adiante as 10 modificacións de crédito

- Anuncio -

O goberno municipal negociará individualmente cos grupos políticos as propostas que prevén destinar 22 millóns de euros a diferentes áreas do Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, convocará unha nova sesión extraordinaria da Comisión de Pleno do Concello o vindeiro mércores, 25 de setembro, para sacar adiante as 10 propostas de modificación de créditos, por un importe de 22 millóns de euros, elaboradas polo goberno municipal para reforzar diferentes áreas do Concello.

Así llelo comunicou esta mañá aos grupos políticos nunha xunta de voceiros celebrada na Alcaldía logo de que, por acordo de PP, PSdeG-PSOE e BNG, estes expedientes foran retirados, para mellor estudo, da orde do día da comisión de pleno que se celebrou a primeira hora da mañá de hoxe.

O alcalde defendeu a importancia destas propostas, que suporán unha inxección económica de 22 millóns de euros para reforzar a dotación orzamentaria de diferentes áreas municipais (para pago a provedores, arranxos de parques e zonas verdes, obras nos barrios, gastos da área social…) e avanzou que negociará individualmente o apoio a estas modificacións con cada un dos grupos políticos.

O alcalde explica que convocou a xunta de portavoces dada “a situación tremendamente grave que se producía”, logo de que outros grupos políticos “manifestasen que non ían tratar ningunha modificación de crédito até que non se solucionase o tema da Policía Local e a estabilización de emprego que, no meu criterio, é un sistema para facer fixos os que meteron enchufados”.

Este escenario supoñía, explica, un “secuestro do Concello”, ao impedir realizar as achegas económicas que necesitan diferentes áreas municipais. Ante a gravidade desta situación, di o rexedor, accedeu a convocar unha xunta de portavoces. No seu transcurso, o alcalde apreciou un “cambio de criterio”, por parte dos grupos de PP e PSdeG-PSOE: “queren falar, coñecer cousas sobre estes expedientes, polo que se negociará individualmente con cada grupo político”, advertindo que as modificacións de créditos irán a pleno “si ou si”.

Relacionadas

Carreira de San Martiño, Magosto popular e feira da Chinita deron lugar a “unha...

0
O alcalde dá as grazas a participantes, persoal, empresas colaboradoras, cidadanía e voluntariado por facer posible “un San Martiño increíble” “A cidade de Ourense viviu...

Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense vanzan na dinamización turística da provincia...

0
- Xosé Merelles e Luis Menor mantiveron unha xuntanza esta mañá para analizar distintas accións de promoción dos recursos da provincia O director de Turismo...

A Asociación Érguete e a Regaep advirten que se suprimiu o subsidio para as...

0
Esta “pequena axuda de caracter humanitaria” melloraba as taxas de reincidencia A Rede Galega de Educacións en Prisión (Regaep), da que forma parte a Asociación...

Bombeiros do Consorcio Provincial desprazados a Valencia regresan a Ourense tras sete días de...

0
Seis efectivos dos parques de Carballiño-O Ribeiro e Verín volven a Ourense tras sete días de traballo nas poboacións afectadas polo desastre de Valencia....

Luis Menor sinala que o Premio Ourensanía 2024 outorgado a Olegario Vázquez Raña “conecta...

0
O presidente provincial analizou a conexión emocional deste galardón coa emigración, parte fundamental da provincia de Ourense, e valorou a figura e o compromiso...

Vilardevós recibirá ao redor de 1,1 millón de euros da Deputación neste mandato a...

0
O presidente da Deputación, Luis Menor, realizou unha visita ao concello de Vilardevós, onde comprobou o resultado das obras realizadas neste municipio grazas ao...

Publicacións Relacionadas