Home A Coruña A Asociación Érguete e a Regaep advirten que se suprimiu o subsidio...

A Asociación Érguete e a Regaep advirten que se suprimiu o subsidio para as persoas que saen do cárcere

- Anuncio -

Esta “pequena axuda de caracter humanitaria” melloraba as taxas de reincidencia

A Rede Galega de Educacións en Prisión (Regaep), da que forma parte a Asociación Érguete, advirte que as medidas recollidas no Real Decreto Lei 2/2024 de 21 de maio, “polo que se adoptan medidas urxentes para a simplificación e mellora do nivel asistencial da protección por desemprego”, suprimen o subsidio de excarceraciónde carácter asistencial que  tiña como finalidade garantir un apoio básico a reinserción das persoas excarceradas, “o que supuña unha pequena axuda humanitaria e social, co fin de reducir os efectos negativos do encarcelamento e as taxas de reincidencia”, explican dende a Regaep. 

Na Rede Galega lamentan que dende o pasado 1 de novembro, as persoas excarceradas pasan a engrosar as colas do Ingreso Mínimo Vital e iso soamente “no mellor dos casos”. Isto provoca unha situación “de indefensión e desamparp polos requisitos, o sistema e os mecanismos de acceso a Ingreso Mínimo Vital que existen a día de hoxe”. Ademais, na Regaep tamén solicitan, “ a quen corresponda”, que facilite a información relativa a este “substancial cambio que vai afectar ás persoas privadas de liberdade dos establecementos penitenciarios galegos”

Na Regaep deseñaron unha infografía en galego e castelán para que poida estar a disposición das persoas privadas de liberdade e na que terán acceso a información importante sobre os trámites precisos para a solicitude do Ingreso Mínimo Vital que vai a substituír ao subsidio de excarceración. 

A Rede Galega de Educacións en Prisión está formada por un conxunto de entidades sociais que traballan en clave socioeducativa coas persoas privadas de liberdade, nos cinco centros penitenciarios e nos dous CIS de Galicia. “O noso obxectivo é reivindicar o potencial da educación como dereito e como necesidade, non só para mellorar a calidade de vida das persoas senón tamén dos contextos sociais dos que forman parte”, destacan.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas