O Concello de Mos estrea un novo vehículo para o departamento de Vías e Obras

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Mos vén de incorporar ao seu parque móbil un novo vehículo a través do sistema de renting, destinado ao departamento de Vías e Obras. Trátase dun coche funcional, modelo Primastar, e adaptado ás necesidades do servizo, que permitirá mellorar a operatividade diaria do persoal municipal encargado do mantemento e conservación das infraestruturas públicas.

Con esta adquisición, o Concello de Mos reafirma a súa aposta polo modelo de renting como fórmula sostible, eficiente e económica para a renovación progresiva do parque móbil municipal. Este sistema garante vehículos sempre en óptimas condicións, cun mantemento incluído e unha xestión máis racional dos recursos públicos.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que supervisou o novo vehículo xunto aos concelleiros Camilo Grandal e Leo Costas, subliñou que “o renting é unha ferramenta que nos permite modernizar os servizos municipais sen supoñer un sobrecusto para a veciñanza, mellorando ao mesmo tempo a eficacia e a seguridade do noso persoal”.

Este novo coche súmase ás anteriores incorporacións feitas baixo este mesmo modelo de xestión, consolidando unha estratexia que o Concello prevé continuar aplicando nos vindeiros anos para todos os departamentos municipais que precisen vehículos de traballo.

Comparte este artigo