Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor, na conferencia de Manuel Pimentel sobre agricultura, reivindica a riqueza...

Luis Menor, na conferencia de Manuel Pimentel sobre agricultura, reivindica a riqueza do campo ourensán como clave da ultralonxevidade

- Anuncio -

Na presentación do ciclo de conferencias “Conversaciones: Quo Vadis…?”, o presidente provincial puxo en valor a calidade dos produtos agrícolas como factor determinante para que Ourense se converta na sexta ‘zona azul’ do planeta polo seu elevado número de centenarios

Menor presentou a ponencia de Manuel Pimentel, ex ministro de Traballo que abordou os retos da sociedade no marco da agricultura e a alimentación

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou na segunda edición de “Conversaciones: Quo Vadis…?”, un ciclo de conferencias que conta co apoio do goberno provincial e que tivo como protagonista ao ex ministro de Traballo durante o goberno de José María Aznar, Manuel Pimentel. “Sociedad, agricultura y alimentación ¿una relación equívoca?” foi o título da conferencia que se celebrou no centro cultural Marcos Valcárcel.

O presidente provincial fixo un repaso pola biografía do ponente, que destaca pola súa participación en empresas andaluzas vinculadas á agricultura e ao medio ambiente. Neste senso, Luis Menor puxo en valor a riqueza do campo ourensán como unha das claves da calidade de vida no noso territorio. “Se temos a posibilidade de ser declarada como sexta ‘zona azul’ do planeta, pola ultralonxevidade dos nosos habitantes, un dos factores determinantes podería ser a calidade dos produtos agrícolas de proximidade”, sinalou o presidente.

Menor incidiu en que sen o campo ourensán, a gran cantidade de centenarios que atesoura a provincia sería “moi diferente, ou inexistente”. Ademais, o presidente provincial invitou a reflexionar sobre o esquecemento que a sociedade urbana europea fai do campo e o abandono que senten agricultores e gandeiros.

Manuel Pimentel dividiu a súa intervención en tres bloques, abordando en primeiro lugar a visión negativa da agricultura que ten a sociedade urbana europea. No segundo bloque falou da economía do sector e, por último, reflexionou sobre o futuro da actividade agraria. “A sociedade urbana non sabe de agricultura, pero sabe o que lle custa o carro da compra”, sinalou Pimentel. O experto insistiu en que a sociedade “preocúpalle cero a alimentación e moito o medio ambiente”, motivos polos que as regulacións aprobadas “expulsaron aos agricultores, facéndoos invisibles”.

Biografía de Manuel Pimentel

Manuel Pimentel (Sevilla, 1961) é enxeñeiro agrónomo, licenciado e doutor en Dereito, diplomado en Alta Dirección de Empresas e máster en Prevención e Xestión de Riscos na Comunidade. É editor da editorial Almuzara, director e presentador de Arqueomanía, o programa de divulgación arqueolóxica de TVE2, así como membro do consello asesor de diversas empresas. Pimentel escribiu 10 novelas, 4 libros de relatos e un total de 15 ensaios, ademais de coordinar varios estudos e monografías.

Relacionadas

A sede da Deputación en Vigo acolle unha conferencia do ilustrador Paco Roca no...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, abriu este xoves na sede da institución en Vigo unha das actividades que acolle as instalacións...

O goberno municipal aprobará mañá en Xunta de Goberno o Plan de Estabilización de...

0
O goberno municipal do Concello de Ourense aprobará mañá, venres, en Xunta de Goberno Local o plan de estabilización de emprego temporal, mantendo os...

Menor reivindica en Verín a importancia do Plan de Cooperación para a planificación dos...

0
O presidente provincial visitou xunto ao alcalde da localidade, Gerardo Seoane e membros da Corporación, as obras e mellora do acceso ao polígono de...

A Xunta de Goberno estuda aprobar mañá un proxecto de modificación orzamentaria de 16...

0
O goberno municipal subliña que esta cantidade, en todo caso, é sensiblemente inferior á que se tería pagado se o servizo tivese sido licitado A...

A Deputación adica o 8 de novembro ás mulleres investigadoras e científicas dentro da...

0
A doutora en Farmacia e investigadora no Campus Auga, Julia Carballo Rodríguez, é a muller elixida pola Área de Igualdade da institución provincial para...

Luis López lembra que a Deputación reforzará o apoio ao sector gandeiro con 100.000...

0
O presidente provincial participa en Lalín nun encontro con gandeiros da comarca do Deza promovido por Xundeva para avanzar na formación e competitividade do...

Publicacións Relacionadas