O goberno municipal subliña que esta cantidade, en todo caso, é sensiblemente inferior á que se tería pagado se o servizo tivese sido licitado
Tamén acordou proceder á aprobación dos trámites necesarios para a continuación do proceso selectivo de estabilización, de acordo cos criterios que se acordaran previamente cos sindicatos.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de modificación orzamentaria 25P/2024, por importe de 16.661.861,77 euros. A súa finalidade é pagar a diferencia entre o custo do contrato do servizo de autobuses urbanos entre 2005 e 2015 e o custo actualizado do servizo. O goberno municipal subliña que esta cantidade, en todo caso, é sensiblemente inferior á que tería pagado o Concello se tivese licitado un novo contrato de transporte urbano. De feito, a concesión pasaría de 6,5 millóns de euros a 10,5 millóns de euros anuais coa próxima concesión, que se acaba de licitar. O proxecto de modificación orzamentaria financiarase con remanente de tesourería para gastos xerais. Unha vez aprobado pola xunta de goberno local, o acordo elevarase ao Pleno do Concello para que proceda, no seu caso, á aprobación provisional da modificación proposta.
Plan de estabilización
Na mesma sesión, e noutra extraordinaria que se celebrou a mediodía de hoxe, o goberno municipal acordou proceder á aprobación dos trámites necesarios para a continuación do proceso selectivo de estabilización, de acordo cos criterios de selección de persoal que se acordaran previamente cos sindicatos. A principios da próxima semana, publicaranse nos diarios oficiais a oferta de emprego e as bases, o que permitirá a apertura inmediata do prazo de presentación de solicitudes.
Outros asuntos da primeira sesión
Na primeira sesión da xornada, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén outros 19 acordos
Licenzas (4) Conceder 4 licenzas, para os proxectos de rehabilitación de almacén e ampliación dunha vivenda unifamiliar na rúa Canella do Lagar, Seixalvo; para a instalación de ascensor nun edificio na rúa Canle e para a remodelación dunha vivenda nun edificio na rúa do Paseo. A Xunta Local tamén se deu por enterada do troco do titular da licenza urbanística de obra para a construción dunha vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás
Patrimonio (3) Desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial; considerar unha particular desistida da súa, e requirir unha aseguradora a que indemnice o Concello en 303,73€ por danos causados por un vehículo na rúa do Balneario.
Servizo de Rehabilitación (5) Cinco expedientes de liquidación de acordos en materia de Áreas de Rehabilitación Integral
Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobar o proxecto de modificación orzamentaria 24P/2024, utilizando a figura dos suplementos de crédito. Prevé destinar 25.714,83 € a transferencias correntes ao Consello Municipal de Deportes, con cargo a remanente de tesourería para gastos xerais O acordo elevarase ao Pleno do Concello para que proceda, no seu caso, á aprobación provisional da modificación proposta.
Recadación (1) Aprobar un expediente de compensación de débedas.
Avogacía Consistorial (5). A Xunta de Goberno Local deu conta dunha sentenza do Xulgado do Contencioso – Administrativo número 1 de Ourense; de 2 sentenzas e 1 auto do Contencioso número 2 e dunha sentenza do Xulgado do Penal