Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación de Pontevedra colabora coas festas na honra a San Andrés...

A Deputación de Pontevedra colabora coas festas na honra a San Andrés de Xeve que se celebran este sábado en Pontevedra tras máis dunha década

- Anuncio -

A institución provincial colabora na financiación de dúas actuacións culturais a través do programa Culturea, amosando o seu compromiso co movemento veciñal e asociativo da provincia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, puxo en valor nun encontro con membros da comisión das festas patronais na honra a San Andrés de Xeve (Pontevedra) o compromiso do goberno provincial co mantemento das tradicións e a cultura popular da provincia. Os festexos, que se celebrarán este sábado 30 de novembro despois de máis de dez anos de parón, contan coa colaboración da institución provincial a través do programa Culturea.

Deste xeito, a Deputación de Pontevedra colaborará na financiación de dúas actuacións. En primeiro lugar, a que ofrecerá a Coral Polifónica de Campo Lameiro durante a misa solemne que se celebrará ás 13:00 horas, e tamén a da Banda de Música de Campo Lameiro, que acompañará a procesión e ofrecerá un concerto a continuación durante a sesión vermú.

Rafa Domínguez enxalzou o traballo da comisión de festas por recuperar unha festividade que forma parte da riqueza cultural da cidade e da provincia de Pontevedra, tendo en conta que facía máis dunha década que deixara de celebrarse. O vicepresidente provincial lembrou que un dos obxectivos deste mandato da Deputación é precisamente recuperar o contacto co movemento asociativo e veciñal da provincia, un apoio imprescindible para conformar un proxecto de futuro conxunto para o territorio.

Despois de once anos, a parroquia pontevedresa de San Andrés de Xeve recupera a súas festas da man dunha comisión formada por 15 membros dos seus seis lugares, sendo o seu presidente José María Fariña e integrada por José Fontán, Alberto Poceiro, Víctor Manuel Blanco, Carlos Pombo, David García, Francisco Javier Blanco, José Antonio Suárez, Enrique Argibay, Alexandro Abilleira, Martín Lafuente, Jaime Casalderrey, David Otero e Juan Sanmartín.

Na xuntanza co vicepresidente provincial, os membros da comisión de festas transmitíronlle o seu agradecemento polo apoio recibido e explicáronlle o traballo feito ata o de agora, como a limpeza do aparcamento e a poda das árbores do atrio parroquial. Ademais, en colaboración coa asociación de veciños O Crabadoiro levaron a cabo o arranxo da iluminación do cemiterio así como das luminarias da igrexa.

A programación das festas en honra a San Andrés contará con pasarrúas a partir das 10:00h a cargo de Dúos Pontes e ás 13:00h misa solemne cantada. A continuación sesión vermú e concerto da Banda de Música de Campo Lameiro. Pola noite gran verbena a cargo das orquestras Marbella e Ocaband e remate de festa con chocolate con churros de balde.

Relacionadas

Mos aproba en Pleno os pregos para a licitación do contrato do servizo máis...

0
O importe total anual do contrato ascende a 1.592.178 euros O Pleno do Concello de Mos aprobou onte por maioría, cos votos a favor do...

O PP de Pontevedra denuncia a “incapacidade negociadora” do BNG para sacar adiante un...

0
• Pardo considera un “dispendio do erario público” que o Concello de Pontevedra gástese 55.000€ dos pontevedreses nun novo estudo para o diagnóstico e...

O BNG denuncia a “política de brazos caídos” de Caballero ante o grave problema...

0
A fronte nacionalista reprocha que non se teña executado ningún dos acordos para frear a escalada dos alugueiros, recollidos na moción do Bloque aprobada...

A Deputación ultima o prazo para que as mulleres da provincia soliciten as axudas...

0
As achegas, que se concederán por concorrencia non competitiva e teñen o prazo aberto ata o próximo luns, permitirán afrontar gastos de matrícula de...

O Concello de Nigrán ofrece unha master-class de Tai-chi gratuíta este sábado no Pavillón...

0
Terá lugar ás 10:00 horas e a imparte o profesor da actividade deportiva municipal, Antonio Domínguez O Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 10:00...

O Concello abre un prazo extraordinario para inscribirse no campamento de Nadal do Rosal

0
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude do 27 ao 29 de novembro O Concello do Rosal abre un prazo extraordinario de inscrición no...

Publicacións Relacionadas